off
Traballo — 5 Febreiro, 2013 at 8:09 a.m.

Máximo histórico de desemprego en Ferrolterra, Eume e Ortegal

by

Máximo histórico de desemprego Ferrolterra, Eume e Ortegal. Unha media  de 27 persoas ao dia  que suman 21.302 de parados en xaneiro. Un aumento do 4,08%,  o máis alto dos últimos seis meses.  No Ortegal  a suba foi do 5,12%, no entanto en Ferrol acadou o  4,17%  e o  3,05% no Eume. Un dado significatimente malo é que 1.383 desempregados teñen menos de 25 anos (6,5% do global). En comparanza a fai un ano  o desemprego acada o  8’85% , por riba da evolución en Galiza  ( 7,19% en xaneiro)  e no Estado español (8,28%). Pormenorizando o desemprego por sectores en termos porcentuais, o medre chega ao  31,9% no primario, 13,49% en servicios, 10,61% na construcción  e  7,12% na industria .

One Comment

  1. nte a batería de preguntas de María Concelleira do BNG Cedeirense no pleno municipal de onte 6 de Febreiro, Luis Rubido contesta ante a mudez do excelentísimo Sr Alcalde que se deixe de preguntas e que faga algunha proposta, María responde:

    -“O Bloque Nacionalista Galego de Cedeira dada a dramática situación que nos está a levar a absoluta caida da produción, os altos niveis desmprego e emigración na comarca de Ferrolterra/Ortegal quere facer unha proposición á cidadanía, ao grupo de goberno e á oposición, a tódolos axentes sociais, culturais… unha proposta de xuntanza e debate, estudo e posta en marcha de acordos comúns para a procura da recuperación e promoción económica local que se preocupe da sustentabilidade medio ambiental patrimonial e cultural, que xere ocupación, progreso, e cohesión social neste noso Concello de Cedeira que agora padece a decadencia, afectado pola virose da burbulla inmobiliaria e o descrédito político?.”

    Luis Rubido e o grupo popular quédan pampos coa proposta de achegamento e analise en conxunto coa cidadanía e contesta Luis Rubido, teniente de Alcalde:

    “Estamos a articular un instrumento!”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off