off
O Curruncho musical de Antón, Poesía — 4 Febreiro, 2013 at 1:07 p.m.

Ó caldo galego

by

Miña sogra Antonia,
meu sogro Ricardo
eran moi amigos
de come-lo caldo.

De repolo ou berzas,
de nabos ou grelos,
 de inverno ou de vran
 había que velos.

“O caldo galego
é a raíz do corpo”,
ten dito miña nai,
que era  o meu conforto.

Tamén o meu pai
gustaba comer
 en prato ben fondo
 coa súa muller.

Francisco e Modesta
no fogar rotundo
botábanlle ó caldo
un pouco de unto.

Os fillos e netos,
os xenros e noras
son caldupeiriños:
sempre á  mesma hora
toman un pratiño.

Cedeira, 24 de marzo de 2010

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off