off
Brincadeiras — 1 Febreiro, 2013 at 9:59 a.m.

PPLUTOCRACIA

by

7 Comments

  1. Pero non está mal recordar algún caso. Hoxe Xaquín, xa non è alcalde de Arzúa, e si queres explícoche como debemos presentarnos en concellos non moi lonxanos para que non amenacen telefonicamente aos nosos militantes e simpatizantes mais unha vez con perder o seu postode traballo. Ou como unha das concelleiras do BNG Local en activo e outr@s perden o dereito a integrarse en algunha empresa comarcal polo feito de levar este estigma. Isto acontece nesta zona dende vai 30 anos

    http://arquivo.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/novas/nova_1937.html

  2. Totalmente dacordo

  3. Antom Labranha

    Eu non teño dúbida a respeito do que di Ana Miranda.
    O problema non son eu, nin ti, nin ela. O problema son perto de 20 millóns de conveciños (case 2 millóns deles, galeg@s) que, sen teren militancia, manteñen seu voto a algún dos partidos a pesar das causas xudiciais nas que están inmersos e, aínda, das condenas por corrupción ou, noutro caso, deciden absterse e todo fica na mesma.
    A xustificación que atopan para iso é a de que “todos son iguais”.
    Certo que un político que ocupa un cargo pode estar encausado e resultar inocente. Pero que problema hai en que se lle aparte de inmediato dese cargo e sexa substituído por outr@ da súa propia formación? Acaso hai quen se considera insubstituíble?

  4. Ou como dí a miña compañeira Ana Miranda
    “A prensa internacional ten o tema de portada dende os últimos días dos últimos acontecimentos de corrupción do PP que fan sentir indignación a unha gran parte de sociedade e tamén a políticos e políticas honestos, e por eso, hai que decir claramente que non somos todas nen todos iguais, que estes non poden enlamar á xente normal que traballa por e para sociedade. E por riba, detrás de todo isto, úlese a inminente entrada dun goberno tecnócrata, en lugar de que Rajoy presentara a dimisión e convocara eleccións inminentemente. Eso sería o que pasaría nunha democracia normal”

  5. Unha clara vantaxe dende logo, sumada a que gran parte de toda esa pasta tamén se utilizou para crear Thinks Thanks e redes clienterlares para acaparar o voto e o poder, acaparar o poder destruindo ao contrario.O único que pagou até agora por todo isto foi o xuíz que o quixo xuzgar e todos aqueles que dende a esquerda se levan quedado polo camiño ante a impotencia dun sistema pútrido onde a democracia é unha utopía hoxedía, e que só pode arranxar reiniciando.

  6. FACENDA SOMOS TODOS??????

    Que os políticos reciban sobresoldos é unha temeridade. Que non declaren á Facenda eses ingresos, un delito.

    Que os cartos procedan de pagos de empresas a cambio de contratos de obra públca é corrupción.

    Berremos ben alto contra isto, pero berremos tamén contra a “chupandaina” legal, como contratar parentes de altos cargos como asesores moi ben retribuidos, sen que acrediten un especial coñecemento da temática correspondente; ou como cargos de libre designación que ingresan da orde dos 100.000€ anuais, sen que… (idem).

    Berremos agora ben forte contra o PP, pero non esquezamos avisar ben aos nosos que non lles imos consentir facer o mesmo, se dá chegado a ocasión. PORQUE NON HAI VANTAXE MÁIS CLARA PARA A DEREITA, QUE PODER DICIR “TODOS SON IGUAIS”.

  7. Gabriel Beceiro

    “A corrupción que afecta a cargos de CIU acelerará a aventura cara secesión” Jose María Aznar

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off