off
Estado — 31 Xaneiro, 2013 at 10:45 a.m.

O extesoreiro do PP Luis Bárcenas rexistrou pagamentos a Rajoy, Cospedal,Rato e Cascos, entre outros

by
O xornal español ‘El País’ publica a presunta contabilidade interna dos populares que controlaron Álvaro Lapuerta e Bárcenas e que rexistra a entrega de cartos a dirixentes do partido entre 1990 e 2009. Os apuntamentos publicados reflicten tamén doazóns de constructores, entre os que hai imputados no caso Gürtel.

 

Intitulado Os papeis segredos de Bárcenas o xornal publica algúns dos apuntamentos nos que se especifican as cantidades exactas  outorgadas a diferenes membros da nomenklatura popular, entre eles o próprio presidente español Mariano Rajoy, que comezou a recebir cartos o ano 1997, con pagamentos fixos que sumaban até   25.200 euros ao ano(primeiro en pesetas e despois en euros).

Nos apuntamentos tamén aparecen as letras de pagamentos a J.M.,  que o xornal atribue José María Aznar, que aparece nos primeiros meses de 1990 1990 e nos dous primeiros de 2007.

A actual secretaria xeral do, Maria Dolores de Cospedal,  aparece tamén en dúa anotacións de 2008 (7.500 euros cada trimestre). Cantidades semellantes recibiron outros secretarios xerais do PP como Ángel Acebes, Javier Arenas e Francisco Álvarez Cascos (7.500 euros trimestre), asín como os exvicesecretarios do partido Rodrigo Rato e Jaime Mayor Oreja. Segundo informa o rotativo madrileño, todas estas persoas que xurden nos apuntamentos de Bárcenas negan ter recebido os pagos. Rajoy ainda no dixo nada sobre a cuestión e non ten pensado facelo até que remate a auditoria que  encargou sobre as contas internas do  PP.

One Comment

  1. Iso vai para seis anos cando menos que estou ao tanto. Non o están os 1822 votantes fixos do PP da vila ou?

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: