off
Economía — 29 Xaneiro, 2013 at 9:26 a.m.

O IGE publica a Enquisa de poboación activa (EPA) 4º trimestre de 2012

by

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra da EPA no ámbito territorial galego.

Obxectivo

O obxectivo da ampliación da mostra é permitir a análise da poboación en relación coa actividade económica cunha maior desagregación do que se viña facendo ata o momento. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (ocupados, parados, activos, inactivos) e a obter clasificacións de estas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

Para saber máis:

http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0204008

http://www.ige.eu/web/Controlador?operacion=ultimoscomunicados&paxina=005005&idioma=gl

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off