off
Politica internacional — 24 Xaneiro, 2013 at 8:10 a.m.

Neoliberalismo

by

Para falar desta Corrente Político-Económica, haise que remontar no tempo para saber das súas orixes:

No ano 1973, o banqueiro Norteamericano David Rockefeller, fundou a Comisión Trilateral, que era una “Comisión Privada”, que agrupaba ás principais economías mundiais, como eran o propio EEUU, Europa e Xapón, para incidir na Economía Mundial, e preservar os seus intereses.

Desta” Comisión Privada”, saíu a chamada Corriente Político-Económica, que é o Neoliberalismo.

O Neoliberalismo, propón e práctica a reducción do Estado en materia económica e social, que é o que está a facer o Goberno do PP en España, coas privatizacións dos Servizos Públicos e os recortes sociais.

Este tipo de política, é a que preconiza o Banco Mundial, O Fondo Monetario Internacional, así como tamén a Comunidade Económica Europea, tendo a súa máxima expresión na Alemaña de Angela  Merkel, e nos países que están gobernados pola Dereita Reaccionaria.

Son capaces de facer quebrar o sistema bancario, para volvelo a recuperar con diñeiro público, como tamén corromper todos os estamentos da sociedade, como son: O Poder Lexislativo, o Poder Executivo e o Poder Xudicial, de calquer país da Terra con tal de protexer os seus intereses, que son os mercados.

O Neoliberalismo, é a forma máis dura e insolidaria, que ten o Capitalismo, para ter explotados ós pobos da Terra, non lles importa que os pobos coman ou morran de fame, teñan asistencia sanitaria ou non, ou que o Ensino Público sexa de calidade, eles están para privatizar o público e facer os seus negocios.

Que ninguén pensé, que cando recortan é para aforrarlle ó Estado, se non que é para aforrar para eles e os seus amiguetes.

Isto está a pasar como xa dixen, en España, e estaio a levar á práctica o Goberno do PP, que ninguén se chame a engano, e poña a disculpa do vampiro : ¡ E non quedaba outra…!.

Dicía o teólogo xesuíta Jon Sobrino, nunha entrevista que lle fixeran na televisión, a raíz do asasinato do seu compañeiro Pai Ellacuría no Salvador, que ó Neoliberalismo, había que facerlle fronte de tódalas maneiras posíbles, e rematou dicindo: “ ¡ Ou eles, ou nós!”.

Este teólogo xesuíta, naceu en Barcelona no ano 1938, é de oríxe vasca, e está sancionado e apartado polo Vaticano, pola súa defensa da Teoloxía da Liberación.

Salvou a vida ó non estar no Salvador, cando foron asasinados seis  xesuítas ( entre eles Ellacuría) pola extrema dereita Salvadoreña, isto sucedeu no ano 1989, cando Jon Sobrino estaba dando unas conferencias en Tailandia.

Eu tamén digo, como Jon Sobrino: “ ¡ Ou eles, ou nós! ”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off