off
Política — 23 Xaneiro, 2013 at 12:03 p.m.

Coordenadora Constituinte do Proxecto Independentista

by

Derivando de Causa Galiza e das asembleias e reunións de pequenos grupos de independentistas que se están a celebrar no país,  a Coordenadora Constituinte do Proxecto Independentista apresentará o rascuño organizativo co  obxectivo de impulsar “a construción dun referente sociopolitico amplo e plural para o independentismo ruturista neste país”.

8 Comments

  1. Gelo do Moure

    Grazas Perepere, cando che interesa eres un gran “pacifista”.
    O importante deste debate, é que cada vez te vaian coñecendo millor os lectores do Olláparo, a tí ,e á túa reaccionaria idea política, esa é a miña meta, descubrir ós “insolventes”.
    Cando fixen o comentario á Coordenadora Constituinte do Proxecto Independentista, sabía que me ías entrar ó trapo. Coñézote moito máis do que che parece

  2. Olláparo Edición

    Sería desexabel que o debate se desenvolvera nas ideas e nas boas maneiras deixando de lado as alusións ás persoas. A revista Olláparo, coma a maioría das publicacións dixitais, permite a entrada de comentarios baixo seudónimo ou alcume se é dentro da corrección e o respeito. A privacidade está protexida pola lexislación vixente.

  3. Gelo do Moure

    Cando falas de collóns,que quede claro que quen os nombras eres ti, a mín para argumentar ou rebatir a xente coma ti sóbrame pano.
    Dis que non te coñezo ( iso é o que pensas ti ), a ti en concreto véseche o plumeiro dende lonxe, só vas de palique, eu moito de internet non entendo , pero sei que ás veces xoga malas pasadas, ten cuidado non che vai pasar a ti, porque xa sodes moitas persoas con nomes diferentes,Observateur,Vilacacín… pero cun mesmo correo electrónico, Perepere
    Se falo da túa actitude de cobardía, perante os lectores do Olláparo, é por non da-la cara e esconderte detrás de un pseudónimo, tódolos nomes teñen unhes apelidos, o teu non, nen tan siquiera un alcume, Xosé, ( ¿Xosé qué?
    Referente ó traballo, por suposto que non fun o único que traballou, era o que me faltaba por oir.
    Eu empecei ós 14 anos, e non parei ata que me retirei ( por suposto coma outros traballadores ).
    Fun traballador da empresa Bazán do Ferrol, tiven que pedi-la conta por problemas político-sindicais no ano 73, de alí fun de emigrante para Suíza, de Suíza tamén me chimparon, e fun de emigrante para Barcelona ( Cataluña ), e volta para a Terra sen traballo.
    Tiven a sorte de volvelo a atopar na Coruña, ós dous meses de estar alí xa me dixeron, que era máis fácil que caera do tellado da empresa ( Aínda que non subirá a él ) de que me ascenderán ( estas foron as palabras textuais do meu xefe), e así foi. Xamais me ascenderon en 32 anos de traballo pola miña militancia político-sindical, a mín sí que me saíu caro o compromiso co pobo e co País.
    Con isto non pretendo presunir nin como traballador nin como político-sindicalista, foi a vida que me tocou levar e punto.
    Dá a cara de unha puta vez e xa que che gusta teorizar de política, e tes certa “conciencia”, vouche clarexar a realidade político-social galega.
    ¡ Primeiro pota que Patria, e sartén que bandeira ¡.
    E si non entendedes así, os nacional-separatistas, millor que sigades rañando o carallo

  4. Gelo do Moure

    Teño a desgraza de ter un fillo no paro dende hai tempo, tamén varios familiares, unha pila de amigos e un lote moi grande de coñecidos.
    Cando falo con eles desta desgraza social, que afecta a tantos millóns de persoas, xamais me dixeron que apareceran polas portas do INEM, nin Independentistas, nin Patriotas Españois, e menos, sindicalistas que os foran asesorar.
    Como ves, “Xose” ( despois falaremos disto ), ¿por qué os Independentistas non teñen os “santos ovos” de crear unha Coordenadora Constituinte na defensa dos Parados Galegos? ou é que lles doe máis a Patria que o Pobo?.
    O meu comentario non é inxusto como tí dís ( senon realista), hai unha frase galega que dí: ” Cando o demo non ten que facer,rasca o carallo”.
    Iso é o que pasa co Independentismo, a ver se de unha puta vez, se centran nos problemas reais que ten ” O Pobo Galego Ceibe e Popular”, e se deixan de mariconadas.
    Este que che resposta, non é nada sospeitoso de ser conservador nin paternalista, levaio demostrado dende hai tempo na súa loita diaria.
    Cataluña non é independente, nin o será, mentras esteña gobernada por un fato de corruptos.
    Referente ó traballo, o que é unha coincidencia histórica ( eu diso sei máis que tí, xa estou xubilado) e que todos traballamos para os fachas, os traballadores galegos e mais os outros.
    Non se pode poñer o carro diante dos bois, nin empeza-la casa polo tellado, !primeiro Pobo que Patria!.
    Xa ves ” Xosé, Observateur, Vilacacín” como pensa este Comunista.
    Non vou descubrir quen eres por respeto á túa familia, á cal aprecio moito, é unha cobardía e unha falta de cariño ós lectores do Olláparo, que te escondas en pseudónimos, sei dende o primeiro día que me respostaches ó meu artigo ” Vota pro Nobis” e firmaches como Vilacacín quen eres.
    Se tí fuches á Universidade de Santiago, eu fun á Universidade Laboral da Coruña, non vaias de listillo conmigo, que cando tí vas, eu veño de volta.

    • Non te coñezo,nin me coñeces, nin sei de que me falas para chamarme cobarde nin ir dando leccións.Debatir non é cuestión de collóns, senón de argumentos. O que sei é que no mundo non es o único que traballou -dis que estás xubilado, e alégrome- ou pensas que es o único que traballaches? E moitos dos que estudian ou estudiaron non son menos obreiros do que ti fuches, e menos hoxe en dia. E ao mellor con menos privilexios. Galicia está chea de proletarios que votan PP, todos eles moi solidarios cos fillos que están no paro, ¿verdade?. Ser independentista non invalida o feito de ser de esquerdas, mesmo pode reforzalo en determinados contextos. Os usos de “pobo” ou “patria” poden ser moi diversos, ata poden significar o mesmo según que no diga, ou todo o contrario.

  5. E quen che dixo a tí que non o fan…?Penso que o comentario anterior é profundamente inxusto, conservador e paternalista. Cataluña non é independente e si o fose estaría por verse o que pasaba co paro. O que é unha evidencia histórica é que a man de obra galega está ao servicio do capitalismo de matriz españolista que se lucrou da emigración, como antes o fixo coa escravitude. E sí, para moitos paises, a independencia – é dicir, acadar maior cotas de soberanía perante as forzas capitalistas trasanacionais- derivou nunha maior redistribución da renda e do traballo: Venezuela, Bolivia, Cuba, …e os Estados Unidos de Norteamérica.

    • Concordo contigo,animote a que te sumes os centos de independentistas que estamos contrastando estratexias e tacticas para levar a xente do comun,que só a union da loita pola independencia,pode traernos a superacion do capitalismo.Os soberanistas sabemos que as loitas de clase e nacional van unidas.
      Lonxe de min polemizar co meu caro Gelu,mais si teño que dicir cos independestistas pechamonos no INEM,fixemos asembleas abertas,en todolos rueirod de ferrol,as pontes, ogalla poidamos facer unha na vila que ten 557 desempregados apuntados nas oficinas de desemprego,r trinta familias,veciños nosos non teñeñ ningunha prestaccion.Saúdos os dous

  6. Gelo do Moure

    Gustaríame que os membros desta coordinadora independentista, tiveran os “santos ovos”, de ir ás 8 da mañán ás portas do INEM, a falarlle ós parados da súa marabillosa idea, ¿ou é que có o seu Independentismo ía rematar o paro, ” como está a pasar en Cataluña” ?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off