off
Arte — 18 Xaneiro, 2013 at 5:56 p.m.

O señor do universo

by

Houbo unha época na miña vida, en que todo o meu tempo libre, ía adicado a saber máis sobre o Universo, para iso merquei  libros, vídeos, e todo o relacionado con esta teima, só me faltou merca-lo telescopio.

Se non o fixen foi por medo a quedarme “colgado”, mirando polas noites o que hai no Espacio.

Pero o que sí fixen como homenaxe, foi facer una figura  por cada un dos Planetas que hai no noso Sistema Solar ( as cales irei presentando no seu tempo).

 

 

Debido a esta inquedanza, e non estando aínda contento ca homenaxe ó Universo( sabía que me faltaba algo) fixen tamén a figura-escultura ó Señor do Universo.

Esta figura é prácticamente igual por diante que por detrás, só hai una pequena diferencia na cabeza, que se percibe cando a figura se ve de perfil.

 

Esta figura ten una altura de 30 cm, e está toda ela feita de diferentes tipos de válvulas de bronce, menos os brazos ( de cobre) e a cabeza de latón( esta peza era a que se poñía naquelas antiguas cisternas dos excusados públicos ou privados, de bares ou cines e que  ían ó último do tubo por onde saía a auga). A especie de coroa que leva na cabeza, está feita con dous tornillos roscados nela, e un cacho de varilla de soldar bronce, curvada.

Nas mans van grabadas, as palabras Paz e Amor .

Paz no Universo

 

 

A proveito para presentar a foto do cadro “Paz no Universo” que pintei naquelas datas.

 

 

4 Comments

  1. Gelo do Moure

    Moitas grazas Antón !!

  2. Xosé Antonio Suárez Aneiros

    Opus iustitiae, pax. (Xa o dicían hai tempo).
    E neste caso a obra é a Paz.
    Noraboa, Gelo!

  3. Gelo do Moure

    Moitas grazas Pedro, remato de leer o teu comentario e xa me alegraches a noite. Un saúdo !!!

  4. Pedro Velázquez Vilanova

    Creo, Gelo do Moure, que o Olláparo ten que ir pensando en montar unha exposición. Por ti e por todos os que nos emocionamos coa túa obra, e por toda a xente de ben que non sigue este blogue por descoñecemento. Vai un humilde poema en apoio da Paz no Unverso:

    Pomba da paz
    por todas as terras e mares coñecidos
    fun a buscarte.

    Tampouco no ar estabas
    e quixen procurarte
    tras da branca liña do horizonte

    …sempre distante.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off