off
Música — 17 Xaneiro, 2013 at 4:17 p.m.

Moonwinds con participación cedeiresa no Auditori de Barcelona

by

Moonwinds, formación residente de L’Auditori de Barcelona, vai nacer da iniciativa do clarinetista Joan Enric Lluna. A formación apresenta neste  concerto dúas Serenatas per a “Harmoniemusik”, ou grupo de ‘instrumentos de vento. Orixinalmente unha serenata é  enxergada para amenizar celebracións ao aire libre, mais os grandes compositores  aproveitaron esta modalidade de música ao vido para algo máis.

Como primicia mundial apreséntase tamén  a primeira encomenda de  Moonwinds. Trátase dunha obra baseada na idea da antifonía na música antiga levada a un contexto contemporáneo e con instrumentos de vento, albo que o catalán Blai Soler asume de xeito maxistral.

Este concerto contará coa prenza do compositor catalán  Blai Soler que con Joan Enric Lluna conversaran sobre a obra da estrena e sobre a formación Moonwinds que nesta xeira  vén de contar  coa colaboración da trompista cedeiresa Aida Lozano Beceiro.

 

Intérpretes
Cristina Gómez, Rafael Muñoz, oboes
Joan Enric Lluna, M. Ángeles Galán, clarinetes
David Tomàs i Higino Arrue, fagots
David Fernández, Josep M. Lluna, Aida Lozano, trompa
Toni García, contrabaixo
José Mor, violoncelo

 

Obras
MOZART: Serenata en mi bemol maior K375
BLAI SOLER: Antiphona
DVORAK: Serenata op. 44
 
L'Auditori, quinta feira, 17/01/13  20:30

Para saber máis:

Moon Winds [Solo clásica]
Moon Winds, suma de talentos [El País]
Joan Enric Lluna
Blai Soler

2 Comments

  1. Xosé Antonio Suárez Aneiros

    Esquecéuseme, é unha fachenda para ela, para a familia, e por suposto, para Cedeira.

  2. Xosé Antón Suárez Aneiros

    Parabéns para Aida.
    Unha aperta para ela e unha fachenda para a familia.

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off