off
Traballo — 14 Xaneiro, 2013 at 4:53 p.m.

Revindicar servizos e traballo. Loita de clases

by

Despois de ver como o o proxecto do novo centro de saude se vai ao garete cómpre  facer unha reflexión. E certo que a oposición fixo fincapé nos plenos. Pero non é suficiente. Hai que ter mais capacidade para artellar medidas de presión e facer participe a cidadania. Incluso unirse e presentar medidas para loitar. Sobre o emprego non hai nada novo. Só houbo unha reunión con emprendedores, pero ollamos como pechan as empresas e o número de desempregados supera as 500 persoas. Pero destas cuestions tamén ten a culpa a cidadanía.

Todo o mundo se queixa, mais a xente e incapaz de revindicar os seus dereitos: dereito a servizos públicos e ao traballo. Prefiren subir aos despachos haber si se fai unha “componenda”. E dicir, gostan de ser tratados como súbditos. Hoxe a administración local comportase como un executivo pertencente a un lobbie: úsannos de “paganinis” e cada catro anos lembranse de nos para recolectar votos cada catro anos. Mentres din que debemos ser mais “paganinis” subindo os impostos e fican tan ricamente. Fronte a toda esta desfeita o mellor que pode facer a sociedade e revindicar os seus dereitos.

E hora de loitar, de xuntarse e de exercer os nosos dereitos

Todos somos culpables da desfeita. Fronte a inacción e a ideoloxia o cidadán pode exercer a democracia saindo as rúas e revindicando os seus dereitos. Todos coñecemos a xente desempregada. E detras delas, as súas familias. E hora de loitar, de xuntarse e de exercer os nosos dereitos. Non se pode esperar a que os politicos muden as cousas. Se parte do cambio loitando.

Tags

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: