Escomenzado o ano, vou a seguir coa presentación das miñas figuras-esculturas ( Arte Povera, según alguns “entendidos” ), a última presentación fora no Nadal, e era adicada ás Nais.
A obra que vos quero amosar é unha figura con dúas caras, adicada, como ben dí o título, a éste tipo de xente, que abondan en tódolos pobos e vilas.
Estes individuos, viven sempre á conta dos demais, polo xeral son “vagos con alevosía”, xamais deron pancada, teñen por costume andar de gorróns, e están parte do día de maruxóns, intentado quedar eles como Deus ( para tapar as súas miserias ), e non teñen reparo algún en botarlle merda enriba á xente honrada, intentando acomplexala.
A súa característica máis grande, é amosar a súa chulería de fantasmas.
A peza mide 30x11x6 cm e está feita toda ela de aceiro inoxidable, menos os pendentes ( de cobre ) e o pelo.
Antón, cando fixen as figuras foi pensando en dous persoaxes reais, que ti coñeces ben ( non vou dar máis pistas ), non só merecen unha figura, se non que había que facerlles unha estatua que perdurase no tempo, como a de calquera heroe histórico.
Grazas á súa “caradura”, os demais espabilamos un pouco
Merecer non o merecen, mais nós si.Concordo con ese aquel positivo,ao cabo, os caras duras fornecen a oportunidade, como o metal, de traballar con el para facer algo novo, crear. Fico co significado de “cara” que lle dan os brasileiros para designar a un “tipo”, teña ou non teña cara,faciana ou fachenda, sexa cabeludo ou rabudo. Gosto moito desa feitura afro-totémica que tan ben nos acae aos lapatiencos. Parabéns amigo
Gelo, penso que non te merecen.
Quero dicir que as figuras son demasiado fermosas para representar os jetas eses.
o entrecello parece a gaivota do PP