off
Arte — 13 Xaneiro, 2013 at 11:42 a.m.

Caras duras

by

Escomenzado o ano, vou a seguir coa presentación das miñas figuras-esculturas ( Arte Povera, según alguns “entendidos” ), a última presentación fora no Nadal, e era adicada ás Nais.

Figura con dúas caras

A obra que vos quero amosar é unha figura con dúas caras,  adicada, como ben dí o título, a éste tipo de xente, que abondan en tódolos pobos e vilas.

Cara dura 1. 30x11x6 cm Gelo do Moure

 

Estes individuos, viven sempre á conta dos demais, polo xeral son “vagos con alevosía”, xamais deron pancada, teñen por costume andar de gorróns, e están parte do día de maruxóns, intentado quedar eles como Deus ( para tapar as súas miserias ), e non teñen reparo algún en botarlle merda enriba á xente honrada, intentando acomplexala.

 

A súa característica máis grande, é amosar a súa chulería de fantasmas.

Cara dura 2. 30x11x6 cm Gelo do Moure

A peza mide 30x11x6 cm  e está feita toda ela de aceiro inoxidable, menos os pendentes ( de cobre ) e o pelo.

 

 

4 Comments

  1. Gelo do Moure

    Antón, cando fixen as figuras foi pensando en dous persoaxes reais, que ti coñeces ben ( non vou dar máis pistas ), non só merecen unha figura, se non que había que facerlles unha estatua que perdurase no tempo, como a de calquera heroe histórico.
    Grazas á súa “caradura”, os demais espabilamos un pouco

    • Merecer non o merecen, mais nós si.Concordo con ese aquel positivo,ao cabo, os caras duras fornecen a oportunidade, como o metal, de traballar con el para facer algo novo, crear. Fico co significado de “cara” que lle dan os brasileiros para designar a un “tipo”, teña ou non teña cara,faciana ou fachenda, sexa cabeludo ou rabudo. Gosto moito desa feitura afro-totémica que tan ben nos acae aos lapatiencos. Parabéns amigo

  2. Gelo, penso que non te merecen.
    Quero dicir que as figuras son demasiado fermosas para representar os jetas eses.

  3. o entrecello parece a gaivota do PP

Deixa unha resposta a Gelo do MoureCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off