off
Brincadeiras — 21 Decembro, 2012 at 2:00 p.m.

Cousas do Apalpaldor

by

 

  • Se estades a ler isto é que o mundo non acabou, e Galiza tamén non.
  • Cómpre dicilo xa, agora que estamos entalados na crise: nunca houbo tanta necesidade de rir e de democratizar o humor. Será por iso que fronte ao riso conformista e reaccionario de tanto comediante ceibo o poder lle teme á forza desestabilizadora do humor a serio ?
  • A fin do mundo: a empresa tivo que axustar o seu cadro de persoal.
  •  Cando é que se sae dunha crise ? Seica lle hai que preguntar aos números que nos indican taxas de crecimento ou decrecimento, etc. Ves de sabelo, a partires do dia 1 pasas a estar desempregado.
  • A orixe do mundo: a desobediencia civil, non servir ao Minotauro.Eu tireime ao monte
  • Porqué temos tanta sede se estamos no inverno?: viño branco, tarraxe, cervexa, viño tinto, xenebra, tónica, cava, xeo, sopas de cabalo cansado,etc. Cousas de primeira necesidade.
  • Galiza é un país de polbo. O país está relativamente calmo. Por que será?
  • Non embarcar no que máis convén só porque máis convén.
  • Galiza vizosa: non mercar plantas de Nadal, esas das follas vermellas, no Alcampo. A máis de feas  – onde se veu unha planta con follas vermellas?- temos un país  cheo de eucaliptos e de tendiñas nas nosas vilas onde facer as compras. A máis,  son malos tempos para que  te tomen por “roxo”. Mellor unha pola de recendente e patriótico eucalipto.
  • Non se entende que no Nadal haxa que reunirse con xente á que non vés en todo o ano. Por algo será…
  • Ollo coas felicitacións tipo “Bo Nadal” e “Feliz ano”, asegún e a conforme…o único que paga a pena é o compango e a conversa cos amigo@s…ainda que sexa para mallar neles.
  • O Apalpador nunca tivo cartos…pero rebordela de maxia. Partillaa coa súa xente*

…..

 

*En bó galego “xente”  tamén é sinónimo de amizade, aquela que sirve para chamar a un amigo@ ás 3 da madrugada para falar de política, de que acabas de gomitar de riba da sogr@ logo de papar duas ducias de polvoróns,  beber as últimas reservas de viño de occidente e  de tentar a última tentativa de  ligar coa veciñ@ de 17 anos…

(mais unha confidencia: estou a ler o libro “Como falar e escribir en galego con correción e fluidez”, disque axuda a facer o amor)

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off