off
Política — 27 Decembro, 2012 at 3:37 p.m.

Urbi et orbe

by

Está rematando o ano, e acábome de enterar da cantidade económica, que o goberno do P.P. lle deu á Igrexa Católica. Esa cantidade, no ano 2012, ascende a 159.194,593,44 euros ( case nada, sabendo o que nos están recortando).Estes recortes como sabe todo Deus, son: ensino, sanidade, prestación por desemprego, investigación, dependentes etc,etc…e por outra banda aplicannos o copago sanitario, subida do IVE, conxelación das pensións, suba de taxas xudiciais, e reformas laborais, sen esquencernos dos millóns de persoas que están no paro, e da merma da liberdade das persoas para defender os seus dereitos( xa empezan a multar con 500 euros por participar nas manifestacións ).
Despois de todo este saqueo ós cidadáns, vai o P.P. e dalle ós “Representantes de Deus na Terra” esa burrada de millóns.
Esta “Organización Relixiosa”, non ten nada que envexarlle  ás máis grandes Organizacións lucrativas Mundiais ( incluidas banca e bolsa ). Son os que máis pedigree e bouquet teñen nos negocios, ninguén como eles, os seus métodos de recadación é tan basto e variado, que non se lles escapa nada, imos falar dos que sabemos: Semana Santa, casamentos, bautizos, enterros, peregrinacións, venda de todo tipo de obxetos relixiosos, inversións en empresas nacionais e multinacionais, doazón de particulares, cobro ó Estado polos seus colexios concertados, recaudación nos seus templos ( boetas, misas, exvotos, etc,etc…).Pero onde recadan máis é cos negocios que non sabemos, e para máis INRI non cotizan a Facenda ( Facenda somos todos).A súa historia está chea de crímenes e inxusticias, xamais fixeron nada pola Raza Humán ( todo o contrario ), foron os inventores das “famosas Cruzadas” e da Santa Inquisición, seguiron a Pizarro e a Hernán Cortés, nas súas matanzas no chamado “Descubrimento das Américas” , remataron cos árabes e xudeos que había en España, coa axuda dos malchamados Reis Católicos.Puxéronse de parte dos golpistas fascistas, na Guerra Civil Española, e despois levaron a un asasino coma Franco debaixo do Palio.Calaron a boca cando foi da Segunda Guerra Mundial nos crimens dos nazis cos xudeus, xitáns, homosexuais e xente de esquerdas. Puxéronse de parte das dictaduras de Centro e Sudamérica, en onde houbo centos de miles de asasinatos, incluso cando foi a represión no Salvador en onde mataron ó Arzobispo Monseñor Romero, e ó Pai Ellacuría, con os seus axudantes xesuitas, miraron, como quen dí, “ para o outro lado”, porque os asasiños eran de dereitas.Por outro lado, están en contra de todo tipo de progreso, que poida perxidicar minimamente ós seus intereses ( e aínda que non os perxudiquen tamén ), como son : A utilización de preservativos por parte da poboación de “paises pobres” para combater a sida, bodas de homosexuais ( para mín que teñen medo a quedarse sen ligues ).Están en contra de tódalas variantes do aborto que poida beneficiar ás mulleres, opoñense á eutanasia, que é unha das maneiras que os seres humáns teñen de morrer dignamente ( até niso son ruíns).Presionan a un estado laico como é o Español, para que se sigan dando clases de relixión nas aulas ( pagando o Estado ós mestres, pero escolléndoos eles etc,).Podíame extender máis “alabando”, ós “Representantes de Deus na Terra”, pero xa me está pasando o cabreo, é a coraxe que me deu ó enterarme da doazón por parte do Estado de 159.194,593,44 euros dos nosos cartos, á “ Cousa Nosa”, por iso digo: Pura e Dura!.

Perdoa ó teu pobo Señor

Xa me tarda ver a Deus

e falarlle ó pé da orella,

e preguntarlle o porqué

él me trata como ovella.

¿Se o “Señor” é o meu “Pastor”,

eu logo son súa ovella?

caso de que sexa certo,

saínche a ovella ben negra.

Pois como tal che pregunto

dos males que hai pola Terra

¿Se aínda nos dura “Señor”

o castigo de Adán y Eva?.

Tamén por unha mazá

que haxa fame na Terra,

e que esteña o Ser Humán

morrendo con tanta guerra.

¿Por qué non deixas “Pastor”

chegar a vellos ós teus años?,

hai moita xente sofrindo

e todos son do rebaño.

Non me veñas có de sempre

de que temos que ter fé,

o teu conto dura moito

e xa estamos sen café.

E xa que che falo na orella

e non nos escoita naide,

como “Pai” eres tirano

e como “Pastor” un fraude.

Tags

One Comment

  1. Nunca entenderei o que fan servindo ao Vaticano as monxas e os frades das misións, ou os cregos e bispos da teoloxía da liberación… en xeral tanta xente de boa fe que loita a carón dos necesitados.

    Quería, amigo Gelo, puntualizarche algo: Isabel de Castela e Fernando de Aragón foron MOI BEN chamados “católicos”.

    E xa, para abondar no que dis, unha frase dun conto de Eça de Queiroz: “mais praz a Deus uma alma liberta que uma tocha acesa” (isto dicíao Frei Genebro que arrincara do altar os candelabros de prata para pagar con eles a liberdade dun escravo).

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off