off
Arte — 21 Decembro, 2012 at 4:10 p.m.

Nais

by

Agora que estamos no Nadal, ímoslle facer unha homenaxe ás persoas que máis o merecen no mundo, sen lugar a dúbida, as nais.

Canto lles debemos, e que sería de nós sen elas?

Déronnos a vida, son todo sacrificio e amor, todo o que teñen, é para os fillos, xamáis antepuxeron os seus intereses ós nosos, son capaces de matar sen “remordementos” por defender ós seus.

Por suposto, sen elas os seres humáns non existiríamos, e se temos algo de bó dentro, é polo cariño que lles vimos amosar por nós.

Por todo iso e por moito máis, vai esta homenaxe adicada a elas en forma de figura.

 

Preme nas fotos para ampliar

Esta figura en onde se ve a unha nai, cun neno no brazo, para facela tívena que ir adaptando ás pezas que me ían aparecendo. Como se ve, tanto o neno como a nai levan unhas pancartas, nas cales se reinvindica o protagonismo dela.

Esta figura que presento en fotos, ten unha altura de 35 cm, está feita de :

A cabeza, peito e cú de latón, o corpo de bronce, os pés de cobre e os brazos de aceiro.

A figura do fillo, en aceiro, como así tamén as pancartas que están pintadas .

Esta figura quixéronma comprar varias veces, pagándoma bén, sempre me negei a vendela, nin o farei.

¡ Eu tamén tiven nai ¡.

Xuntando as letras das pancartas, fixen unha poesía que se titula Nais, ahí vai:

 

Raiña e Señora

do Mundo Animal,

goberna na vida

con amor de Nai.

 

Cariño de Nai

amor verdadeiro,

cariño de Nai

meu amor primeiro

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off