off
Cedeira, Política local, Urbanismo — 17 Decembro, 2012 at 12:34 p.m.

Boletín municipal. Non é información todo o que o semella

by

Á terceira foi a vencida, o Concello de Cedeira publica íntegramente en galego o Boletín Municipal número III.  Mais cómpre non facer da necesidade, virtude. Parabéns por comprir coa legalidade vixente. Convén, porén, debullar o que alí se publicita e propaga. Porque non é  información todo o que semella selo.

Por exemplo,  entendemos que o goberno local non esté contento co ritmo de aprobación de licenzas, cando entre o grupo de goberno hai persoas interesadas – sen aparente conflito de intereses malia adicarense á xestoría e ao sector inmobiliario-  na licitación  dun equipamento direccionado a  transformar en centro de día e residencia  privada para a Terceira Idade o antigo restaurante do Campo do Hospital, como tamén houbo premura en conseguir licenza de obra maior como se fora obra menor, mentras un dos concelleiros era parte implicada na xestión como responsable de Atención Cidadá, Servizos e Mantemento.  Mais non, non poideron evitar a tentación de dicilo: “así evítanse perxuizos ao emprego local”.  Os perxuizos de quen? Os perxuizos de qué Cedeira? Esquenceron que as clases medianas de renda baixa e  clase traballadora empregan principalmente, os servizos públicos?

Porén, nada se dí no Boletín de aprobar licenzas de acordo coa legalidade,  pois moito foi o dano provocado ao longo de décadas sobre o urbanismo e a confortabilidade cidadá na vila e terra de Cedeira, teiman en aproveitarse da precaridade laboral para continuar no mesmo erro que nos levou á desfeita urbanística.

Se tan preocupados están por xerar emprego utilicen a administración pública como motor que reactive a economía adicando  as subvencións a facilitar proxectos locais de economía productiva sustentabel e non para facer merendoiros  e repintar edificios  (Palacete). Para o goberno municipal do PP en Cedeira non hai déficit social malia o subdesenvolvimento do Benestar en Galiza (por baixo da mediana das comunidades autónomas malia termos una poboación envellecida e altas taxas de cronicidade e  dependencia).  Por exemplo, o ano pasado a Consellería de Traballo abxudicou á xestión privada 4 centros públicos por 28.758.006 euros á empresa Geriatros beneficiaria desta macroadxudicación da xestión das residencias de Viveiro, Vimianzo, Monforte de Lemos e Ourense.

Resulta vergoñento amosar tanta urxencia – mesmo deferencia-  por aprobar unha licenza encamiñada a dar luz verde a unha residencia privada mentras o Partido Popular está a recortar a carteira de servizos públicos e a  precaria rede de servizos sociais existente no país.  Vista a pouca sensibilidade social, cómpre avisar aos pensionistas e á cidadanía que serán os veciños e veciñas quenes pagarán estas residencias a prezos abusivos. Todo fai parte dunha mesma estratexia encamiñada a derivar a xestión pública de servizos públicos básicos cara a xestión privada.  O PP dende o Estado e a Xunta está a transferir as rendas do conxunto da cidadanía galega ás clases acomodadas, quer dicer, a cidadanía con altos ingresos será a única que poida pagar os prezos deste tipo de residencias privadas con ánimo de lucro. E logo gábanse de apostar polo aforro enerxético entanto desbaldan fondos públicos.  Con estas políticas de falsa austeridade están a polarizar a sociedade, seguindo o modelo dos paises con gasto público moi baixo.

Resulta vergoñento amosar tanta urxencia – mesmo deferencia-  por aprobar unha licenza encamiñada a dar luz verde a unha residencia privada mentras o Partido Popular está a recortar a carteira de servizos públicos e a  precaria rede de servizos sociais existente no país.

Nada se fala do dereito das persoas nen da baixa renda dos pensionistas de Cedeira,  demasiado precarias para pagar residencias privadas. Acontece que o goberno municipal do PP non ten modelo de políticas sociais de base municipalista  alicerzado nos dereitos das persoas e que evite o clientelismo. O seu é seguir a favorecer os servizos privados a conta dos públicos sen amosar a máis mínimo rubor  en publicitalo no seu Boletín entanto se desentenden do deterioro dos servizos públicos na vila, na comarca e no país todo.

Sen dúbida, a falla de  información escurece o debate político sobre os modelos de política social e a súa xestión. Así se van  tecendo redes,  pagando favores, agochado a   débeda e facendo clientelismo de baixa intensidade coa preariedade laboral de fondo (Polígono da Trabe).  Non precisan que lles recorden cales son as necesidades actuais  das súas bases sociais.  Coñecenas ben, por iso empregan o Boletín e a inestimabel axuda dos  medios de comunicación da Xunta e os ben subvencionados medios de comunicación afíns  exprimir esa fraxilidade social, para desinformar e silenciar as voces críticas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off