off
Política local — 13 Decembro, 2012 at 11:40 a.m.

A eficiencia non é vixilancia

by
Panóptico de Bentham

O Concello de Cedeira  quere implantar un sistema de control dos horarios dos traballadores municipais co fin de combater o absentismo laboral. No  contexto actual da xestión municipal vén sendo habitual a idea de que non se pode millorar aquilo que non se pode medir. Son as únicas  causas do absentismo detectado os “hábitos e costumes” ou hai algo máis? Non hai ningunha prevalencia ou excepción? Presuponse, que alguén fixo un diagnóstico da situación en base a algo (hai indicadores?) e decidiu que os resultados, servizos e procesos non son bós.

Agora ben, o goberno do popular Leopoldo Rubido presenta esta estratexia de control co obxectivo de «conseguir unha administración máis eficiente», quer dicir, equipárase vixilancia a eficiència. Mais cómpre termos en conta que o  grau de ‘absentismo é un indicador indirecto de efectividade das políticas de recursos humáns do Concello. Por iso é un indicador crítico da xestión de persoal sobretodo se fitamos o custo directo que comporta e as consecuencias negativas que ten na opinión dos veciños e veciñas.  Porén, sabido é que simple presenza no lugar do traballo non é sinónimo de traballo ben feito nen de eficiencia (millor utilización dos recursos), nen de eficacia (máis outputs  ou resultados  por unidade de tempo).  Cecais si en eficàcia, poñendo por caso que se teñan que tramitar máis licenzas por dia.  Será por iso que raramente hai un enfoque integral alén da variables financieiras e do control de xestión tradicional.

Con isto quérese poñer de relevo que a “eficiència”  non se acada aplicando enfoques punitivos ou fiscalizadores senón con efoques positivos que permitan orientar axeitadamente a millora da organización “concello de Cedeira”, redefinindo obxectivos, actividades e procesos, estimulando o seu rendimento. E que sexan participados, coñecidos, comunicados, e abertos ao coñecimento de todos os empregados/as e dos cidadáns ou córrese o risco de que o que podería ser unha ferramenta para a millora continua acabe sendo unha finalidade en si mesma: o mero cumprimento de horarios, sendo condición necesaria, non garante de seu nen eficiència nen  eficàcia. De feito,  dispoñer de 13 empregados municipais por cada 1000 habitantes podería significa algo se tamén coñecemos o tipo de persoal adscrito (A,B,C,D,E) a unha determinada función, a tendencia de contractación ou se hai indicadores de estabilidade laboral, interinaxe, temporalidade. Hai mái varibales que condicionan o cando, o qué e máis o cómo : o gasto en formación continuada do persoal, a satisfacción do persoal nos traballos asignados, promoción dentro da organización, nivel de participación dos empregados nas decisións, grau de informatización, tempo do ciclo en tramitación de licenzas, comunicación interna, as condicións de traballo e os recursos materiais,…a satisfacción do persoal co trato  e o recoñecimento recebido, a conciliación da vida laboral e familiar tamén é unha  importante dimensión  igualitaria a  termos en conta.

O que xa non está tan claro é o argumento  de Alfredo Vilela, concelleiro de Atención Cidadá  ao afirmar   que “nos tempos que corren, cando con pouca xente temos que facer máis traballo. Non é que agora non se controle, pero hai costumes…”. Quén ten que facer máis traballo?

«Non nos importa que se controlen os horarios porque aquí a xente traballa e cumpre, non se abriu un expediente en moitos anos e cando o Goberno aprobou as 37 horas e media semanais para os empregados do sector público, aquí xa se facían esas horas»  (La Voz,13 de decembro)

Parece ser que á corporación conservadora non a acompañan as formas. Os empregados alegan que á conxelación salarial e  ás rebaixas salariais  sumarlle agora o control non axuda moito a criar boa atmósfera laboral. Enteráronse pola imprensa.

A satisfacción do persoal no seu posto de traballo é resultado directo dunha boa saúde laboral – malos tiempos para la lírica!-  o que repercutiría nun menor absentismo laboral, nun menor índice de siniestralidade laboral, tamén nun menor número de solicitudes de adaptación do posto de traballo… e , xaora, nunha maior calidade do servizo prestado. A procura do tempo perdido pódese facer demorando cafés ou diante da pantalla do PC.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off