off
Cedeira — 13 Decembro, 2012 at 7:28 a.m.

Marquesiñas

by

Seica a reposición de marquesiña nas paradas de autobuses  de  Piñeiro, San Román-Vila do Río e A Trabe serán de madeira tratada do país, co “ ánimo de asumir un modelo acorde con el entorno” pódese ler no Diario de Ferrol. Dedúcese que serán de madeira  da árbore da familia das mirtáceas orixinaria de Australia e da que existen moitas especies, de folla perenne con característica forma de gadaña, é dicer, de pau de eucalipto.

One Comment

  1. O conto non é de risa, non vai moito tempo neste “país” chamado Galiza, perdón Galicia, para os que non aturan a GZ (ao caso é mesmo, digamos a nación galega)… foi quen tamén quixo que lle certificaran a cría de avestruces da súa casa particular como denominación de orixe galega. Iso namentres os veciños rozan felgos milenarios pola contorna como mala herba, cando hai extranxeiros ben formados que pagan por velos nas Fragas do Eume (outra “reserva” atlántica chamuscada pola contaminación das pirofitas). Como tampouco hai especulación forestral nen monocultivos que traballan para monopolios…

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off