off
Recanto — 9 Decembro, 2012 at 8:07 a.m.

O grifón

by

Animal mitolóxico grego no que a parte superior é unha águia xigante, con plumas douradas, afiado pico e potentes poutas, e a parte inferior é a dun león con pelaxe amarela, e unhas musculosas patas e rabo.

O meu “grifón”  ten moi pouco parecido no aspecto físico ó da mitoloxía grega, pero a parte alta da miña figura é un auténtica “billa” dun lavabo ( de ahí o seu nome ).

De neno,  os “grifos” (billa ou torneira en galego)  sempre me pareceron paxaros que botaban auga, por iso decidín, cando me apareceu este, facer unha figura que se asemellara o mais posible a ese animal.

Grifón. Gelo do Moure

Como se pode ver nas fotos, onde van as ás, ian os mandos da auga fría e quente, a crista son unhos fios de cobre pintados, os ollos duas minchas, o peteiro unha cauña de percebe, o corpo é de madeira de teka, o rabo e as ás de bronce. Vai montado enriba dun rodamento de bolas de aceiro, pintadas en verde. A grade deste rodamento ( que é onde van as bolas ) é tamén de bronce ( vense poucos en mecánica ), normalmente son de aceiro.

Esta figura e máis eu, temola sorte de estar aínda xuntos, non lle pasou como a outras que fun regalando a amigos e a xente que despois de pasado o tempo decateime que non o merecían, pero como dín por ahí: ¡ Ó feito, peito!.

2 Comments

  1. Antom Labranha

    ANDABA CON PRÉSA, QUERÍA, LOXICAMENTE ESCRIBIR:

    ObrigaDo, máis unha vez, por noS deleitar con esta imaxe.

    Non poido resitir a coincidencia coa billa (grifo, en castelán) á que fas alusión e consulto a Wiquipedia e o prestixioso diccionario de Castellano de María Moliner. A túa intuicón da infancia vai ao cerne do asunto:
    Ambas as dúas denominacións derivan da verba grega «gryphos», e indican o xeito curvo que o pico da aguia e a billa teñen.
    E iso que saía auga, que se chega saír viño…!

  2. Antom Labranha

    Obrigaso, máis unha vez, por non deleitar con esta imaxe.

    Non poido resitir a coincidencia coa billa (grifo, en castelán) á que fas alusión e consulto a Wiquipedia e o prestixioso diccionario de Castellano de María Moliner. A túa intuicón da infancia vai ao cerne do asunto:
    Ambas as dúas denominacións derivan da verba grega “gryphos”, e indican o xeito curvo que o pico da aguia e a billa teñen.
    E iso que saía auga, que se chegar a saír viño…!

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off