off
Política, Politica espanhola — 6 Decembro, 2012 at 7:28 a.m.

Contra-celebración

by

Para moitos o día 6 de decembro é un día que pouco ou nada nos representa e menos cando ainda está morna a reforma educativa do PP que quere relegar a língua galega a un tratamento minoritario, facendo da escola un obxectivo recentralizador, cando estes fanáticos do Tea-Party e da FAES  se están a servir do mito da Constitución para escachar dereitos.  Pois non todo se alicerza na crise económica. Neste Estado non hai posibilidade de ser o que se é.  Arguméntase a favor das liberdades, se ben na realidade o motivo de fondo é que a nosa identidade síguena a ver contraria ás esencias españolas.  Este desexo tradúcese nunha teima constante de erosión dentro da propia casa (a Xunta), os tribunais (o caso Callón, xulgado por defender o idioma galego), dos diferentes gobernos e dos medios de comunicación.

É por iso que o BNG celebra hoxe, 6 de decembro, un acto simbólico para manifestar que esta Constitución non nos representa e así reivindicar a soberanía de Galiza xa que nesta xornada non hai nada que celebrar. Será esta mañá ás 11.30 horas un acto na Alameda de Santiago de Compostela no que o portavoz nacional, Guillerme Vázquez, fará unha intervención na que porá de manifesto a necesidade de reivindicarmos nunha data como a de mañá a nosa soberanía como nación galega.

Cómpre pór de relevo que esta contracelebración experimentará unha novidosa intervención na  Internet consistente nunha manifestación virtual na que se trata de expresar nas redes sociais con distintas ferramentas esa mesma idea: reivindicamos a nosa soberanía, esta Constitución non nos representa, nesta xornada non celebramos nada.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off