off
Recanto — 1 Decembro, 2012 at 2:27 p.m.

Bioloxiamecánica

by
Bioloxiamecánica. Gelo do Moure

Fai tempo que tiña pensado amosar no Olláparo unha serie de traballos que fixen nunha etapa da miña vida, moi diferente á que levaba feito ata entón.

Pasei de “sindicalista”, a meterme nun trasteiro tódalas tardes  despois de saír de traballar, e estar alí ata que me viñan a avisar os fillos polo tarde que era.

Sen lugar a dúbida foi a parte máis tranquila, e creativa da miña vida,montei un pequeno taller e cando non facía unha cousa, estaba noutra, aproveitei material reciclado de todo tipo(bronce, cobre, ferro, aceiro, aluminio, madeira, etc,etc…). Esta serie de traballos que vou presentar(en fotografías) consisten en figuras de diferentes materiais e tamaños, as cales irei presentando e así mesmo contando a súa historia.

Por suposto empezarei coa primeira que fixen, chámase “Bioloxiamecánica”, representa a un páxaro ou ave(tal e como se vé na foto). O seu corpo está feito dunhas cunchas de mexilón, as patas, cabeza e ás de bronce, os ollos son duas minchas,parte das plumas de cobre, e as outras de pomba, todo isto vai montado nunha base de aluminio.

Esta figura presenteina no ano 98 ó concurso “Isaac Díaz Pardo” de Artes Plásticas da Deputación Provincial da Coruña,(presento xustificante), por suposto, non gañou, debín de acolloar ó xurado, con a valoración económica que lle dín, 225.000 das antigas pesetas,por aquilo de: “! Se a queres ben, e se non tamén”.

3 Comments

  1. Gelo do Moure

    Moitas gracias Antón, como ben dís, o prezo da arte é relativo, así como tamén o é saber aprecialo. Alégrome de “sorprenderte”, irei poñendo máis. Unha aperta ben forte !!

  2. Eiche dicir, amigo Gelo, que o prezo da arte é relativo, coma todo, mesmo coma o significado do que estou escribindo.
    Pois, concedéndonos, como outrora fixera o Einstein, que a realidade é relativa, falemos sen complexos:
    Hai unhas semanas estiven nunha exposición de obras do xenial Eugenio (xa o di o nome, o de “genial”) Granell, onde unha boa parte do amosado eran obras concebidas na combinación libre e estética de obxectos cotías, adobiados con algún que outro punto de soldadura. Gratificoume a embute, estiticamente falando. Se me poñen esta “Bioloxiamecánica” no medio non me entero, pois non desmerecería en nada ás outras.
    O que non sei é a como as cobraba el… ou os seus herdeiros.
    Ánimo, meu, non deixes de sorprendernos malia teña que ser de balde, que non en balde.

  3. arte povera !

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off