off
Movementos sociais — 23 Novembro, 2012 at 6:38 p.m.

Sindicalistas da CIG fan folga de fame

by

Dende hoxe e até o vindeiro 14 de decembro,  en quendas de dous días, ducias  de afiliados da CIG participarán nunha folga de fame en  apoio aos tres sindicalistas condeados a tres anos e 1 día de prisión por participaren na folga do comercio e alimentación de 2009.

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, encetará  esta medida de protesta xunto con Marcos Cadórniga, un dos sindicalistas condeados.

O 15 de decembro haberá unha manifestación nacional en Pontevedra para denunciar a criminalización e represión da actividade sindical

One Comment

  1. “E venres, vai frio, penso nos sindicalistas da CIG, que hoxe comezan unha nova acción de protesta, pola condenas a prisión de tres traballadores por defender os dereitos colectivos. Unha protesta, diante da Audiencia de Pontevedra, folga de fame, incluida, que merece apoio e consideración. Apoio porque xa está ben de que se condene a sindicalistas por defender a xente, namentras os que a arruinan se enriquecen cada dia mais, sin que a xustiza lles toque un pelo. Consideración, porque frente a tantas proclamas sin contido, tanta rebeldía de cartón-pedra, os que actúan , os que dan a cara, son os que son. E os da CIG, son, dos que son. Basta de represión”
    É dun compañeiro, para min un amigo, chámase Guillerme Vázquez

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off