off
Poesía — 23 Novembro, 2012 at 6:17 p.m.

Maruxóns

by
A columnnia de Apeles (1495), de Botticcelli. Galería Uffizzi, Florencia

Estas palabras van adicadas a toda esa “xente” que pasa parte da súa vida, sacándolle o pelexo ós demáis. Son os “benchamados” maruxóns.

Este tipo de xente abondan en tódolos pobos, e son unha verdadeira lacra para a sociedade, a parte de perder o tempo levantando calumnias, non aportan ren para a necesaria convivencia para os veciños ( todo o contrario ).

Con os seus chistes, chismes, infamias, deshonras, ofensas, infundios, difamias,etc,etc.son capaces de rachar amizades, familias, grupos sociais, e incluso meter na cadea a xente inocente( como ten pasado).

Sería importante que a partir de xá, tódalas persoas con bos sentimentos lles amosaran o seu rexeitamento otal, deixándoios sós en canto abriran a boca.

Vou contar un exemplo real que pasou estando eu presente, acompañado de mais xente, para que se saiba como son este tipo de individuos, esta persoa é bastante coñecida en Cedeira( non vou dar o seu nome, por non poñerme á altura del).

Dixo de dúas persoas que non se podían defender ( por estar mortos) que un deles roubara, e o outro o denunciara. A estas dúas persoas das que falaba coñecinas ben eu, foron compañeiros meus de traballo na empresa Bazán de Ferrol (hoxe Navantia), xamais fixeron nada diso, como persoas eran unha verdadeira marabilla, e levábanse moi ben entre eles, o único “mal” que fixeron, era ser dunha opción política diferente á  deste “calumniador”.

    A palla e a viga en ollo alleo

Calumnia que algo queda

Os fillos dos demais

son ben mangantes,

os fillos dos demais

son maleantes.

A filla do veciño

é unha puta,

ten parecido á nai

que foi de aupa.

Ese parente voso

anda nos bares,

mellor lle iria indo

ós calamares.

A viuva de tal

non puxo luto,

que pouco lle quería

ó seu defunto.

A dona dese outro

é unha porca,

a súa casa cheira

toda a morca.

Os fillos dos demais

son muy cerellos,

os fillos dos demais

van de camellos.

A filla do veciño

está preñada,

¿cantos abortos tería

a condenada?.

Ese parente voso,

xogase os cartos,

de fame na familia

andaran fartos.

A viuva de tal

botouse un mozo,

e que quería ter

algún “carozo”.

A dona deste outro

está liada,

parece ser con dous

da barriada.

Os fillos dos demais

son ben lieiros,

os fillos dos demais

son navalleiros.

A filla do veciño

divorciouse,

iso víase vir

xa de moi lonxe.

Aquel parente teu

nunca fai nada,

ó mellor é que ten

moita empanada.

A dona deste outro

vai sempre ó bingo,

ós fillos de comida

daralles pingo.

Os fillos dos demais

non son honrados,

os fillos dos demais

andan drogrados.

Os fillos dos demais

son chusma fea,

os fillos dos demais

para a cadea.

A ti, “pobo soberano”

vouche adicar estes versos,

para ver se melloras algo

e non sexas tan perverso.

Fabulador de calumnias

xuíz de casas alleas,

fiscal dos fillos dos outros

e a túa chea de preas:

Dun pequeño chiste

faras un conto,

e as de contarllo a alguén

que o medre moito.

Aquel pequeno chiste

en pouco tempo,

nunha gran calumnia

foise facendo.

Sen reparar no mal

que xa está feito,

non pensaremos nunca

se iso é certo.

Xa temos unha víctima

en quen cebarnos,

para fuxir das miserias

que nos levamos.

Quen esté libre de culpa

que tire a primeira pedra,

pero que o pense ben

que o mal, repártese e medra.

2 Comments

  1. Pablo César Galdo Regueiro

    O demo quando não tem que fazer, abre o cu e papa moscas.
    Piores que os Marujões que inventam as calúnias ou difundem os erros dos demais como pecados capitais sem solução, são aqueles que difundem a sua palavra, o que eu definiria como Marujões passivos, sacerdotes da doutrina marujil.
    Cedeira é pequena, os vizinhos conhecem-se mais ou menos bem, polo que existe um caldo de cultivo bem rico para a proliferação deste tipo de gentinha.
    O tempo põe as pessoas no seu lugar. Só é ter paciência e esperar.

  2. Os maruxos sempre foron raza falsa, bandullos agradecidos que se agachan detrás da ramalleira e fan burla sen que os vexos. Diante non teñen peito. Unha lacra.
    Unha aperta Gelo

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off