off
Economía — 20 Novembro, 2012 at 7:55 a.m.

O Estado español vende cidadanía

by

O executivo do PP, no goberno central, vai consumando paseniño a súa política neoliberal.  Agora trátase de  mercantilizar dereitos. Anunciou esta segunda-feira o secretario de Estado do Comercio que comprar casa en España vai dar dereito á autorización de residencia. Quer dicir, un estranxeiro que  merque vivenda vai ter dereito a autorización  de residencia  se a casa  custa máis de 160.000 euros. Seica a iniciativa se dirixe,  preferencialmente, a cidadáns da China e da Rusia.

 Após un ano, o goberno de Rajoy xa non pode disimular por máis tempo o incumprimento obsceno do programa electoral e o fracaso absoluto das políticas de austeridade que están a levar a milleiros de persoas á miseria mentres trata con luvas de sede á banca especuladora.    Entanto se están a producir desafiuzamentos masivos ou se lles nega o dereito  de  atención sanitaria básica ou o acceso a programas de saúde pública a cidadáns sen dereito de residencia, o Estado español vende cidadanía.

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off