off
Traballo — 16 Novembro, 2012 at 6:45 p.m.

Maquillaxe para os desafiuzamentos

by

O executivo do PP creará un parque de alugueiro de vivendas de baixo prezo para as persoas desafiuzadas con poucos ingresos. O goberno central, que paralizará desaloxamentos, rreceibeu críticas por non ser máis ambiciosos. Para que nos imos enganar, o arranxiño fai parte da cinismo que nos preside mália as perdas que se supón terá que asumir a banca ao non ter que pagaren durante dous anos os colectivos máis vulnerábeis- que non terá efectos retroactivos. Porén, o que cómpre por de relevo é que a débeda non desaparecerá. Ademáis, as entidades deberán  alugar a un prezo “baixo e razonabel”  os pisos que teñen baleiros a determinadas persoas con poucos recursos.

Fonte: CGPJ CC BY-SA Praza Pública

Após a presión social se acelerara a raíz do primeiro suicidio, o sector financieiro comezou a moverse para evitar amosarse alleo ás preocupacións sociais, quer dicir, para non afundir aínda máis a súa imaxe logo do resgato bancario. Non hai moito Rajoy e Banca afirmaban que o código de boas prácticas ao que se sumaron  con reticencias a maioría de entidades ía cumprir o obxectivo de renegociar a hipoteca. O segundo suicidio e da presión social  e xudicial, desabaron as reaccións. Abogados e xuices  din que o arranxiño chega tarde de máis e após grandes inxustizas.

 

 A protección límitase a casos extremos

Requisitos
Cómpre ter uns ingresos mensuais de até 1597 euros (19,164 euros ao ano), é dicir, tres veces o indicador público de rendas múltiples (IMPREM)
Que a cota supere o 50% dos ingresos netos,
Que o pagamento da hipoteca sobre a renda familiar se teña multiplicado por 1,5 veces nos últimos catro anos
Que a vivenda  da que se vaia ser desafiuzado sexa o único que se ten en propiedade
 
A máis,
Cómpre ser unha familia de tres fillos ou máis
Unha familia monoparenteal con dous fillos
Unha familia con menores de tres anos a cargo
Unha unidade familiar na que algún membro teña declarada unha discapacidade superior ao 33% ou unha situación de dependencia ou doenza que incapacite temporalmente ou para sempre, de xeito acreditado, para realizar unha actividade laboral
Unha unidade familiar na que o debedor hipotecario esteña en situación de paro ou esgotara a prestación por desemprego e, ao cabo, ser víctima de violencia de xénero.

 

É máis doado que che toque a lotaría

 

 

 

 

 

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: