off
Rebuldeiras do Cego das Cancelas — 15 Novembro, 2012 at 6:16 p.m.

Angueira de litoral

by

Cantiga para Manuel “o Lito”

 

Pola banda de Cariño

sen barco nin timonel

dezanove robalizas

pescou o señor Manuel.

 

Alí onde o mar remansa

entre rochas que non ves

unha gran manda de peixe

acudiu para comer.

 

Que lanzada daba á liña!

Arte que ten o rapaz

mesura e forza combina

outro non hai tan capaz.

 

Ti non perdas o equilibrio

que non che esvaren os pés

non che pase como ao Lito

que houbo que pescalo a el.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off