off
Traballo — 15 Novembro, 2012 at 5:29 a.m.

14N.Masivas manifestacións contra os recortes

by

Ainda non ían aló oito meses da última folga xeral, entrefrebrada até onte de dúcias de manifestacións contra os recortes  e accións de protestas de todo tipo, e aconteceu que máis unha vez  que Galiza,  mália a fatiga, a recente victoria do PP,  o desánimo,  e que esta era unha folga europea, volveu ser avangarda con milleiros de persoas ateigando as rúas das principais cidades do país.

Galiza  volveu ser vangarda con milleiros de persoas ateigando as rúas das principais cidades do país.

Na nosa contorna, en Ferrol, segundo explicaron os voceiros comarcais da CIG,  Manel Grandal e Xesús López Pintos, o seguimento acadou case o 100% e paralizouse a industria e o transporte, a recollida de lixo, o pequeno comercio, a hostalería e mesmo grandes áreas comerciais como Alcampo.

O malestar social é grande de máis e a resposta foi contundente.  A Coruña e Vigo deitaron á rúa a metade das súas poboacións respeitivas.Para o xa baixo nivel de renda e pensións dos galegos  fechar a tenda todo o día é un grande esforzo, mais houbo quen o volveu facer solidarizándose  coas marchas dos sindicatos baixo o lema Non ao saqueo do pobo. Hai culpables. Hai solucións,  e o común consenso:  a mudanza de políticas porque os recortes só tran máis recesión e máis miseria e a certeza de que estamos indo cara un modelo de sociedade na que a clase media será cada vez máis cativa e máis pobre.

Teimaron nese recordatorio os sindicatos de toda Europa, xa que a de onte foi a primeira mobilización unitaria no que vai de crise.  Non só no estado español, Chipre  e Portugal, o chamado da Confederación Europea de Sindicatos tivo forma de greve xeral,  tamén se fixeron paros parciais en Grecia e Italia e manifestacións e actos de protesta no resto de estados da UE.

 

[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=cvkueHOT4zA&feature=relmfu[/youtube]

[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=B7LGh_vNA1o&feature=relmfu[/youtube]

One Comment

  1. Timelapse 14N A Coruña #TL14N

    Timelapse multicámara da manifestación do 14N na Coruña. Hashtag: #TL14N Realizado por: @pablostiago, @pirucooo, @rodricondor17 e @dislexiapenta.

    http://m.youtube.com/#/watch?sns=tw&v=EIe4GrEE6nE&desktop_uri=%2Fwatch%3Fv%3DEIe4GrEE6nE%26sns%3Dtw&gl=BR

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off