off
Movementos sociais — 14 Novembro, 2012 at 6:30 a.m.

O porqué das plataformas cidadás

by
Despois de ver todo o que acontece cos desafiuzamentos quería salientar a importancia das plataformas cidadas. Cando comenzou a crise a todo o mundo extrañaballe como organizacions coma o 15M e outras xa protestaban por isto entre outras cousas. O que ven a demostrar e que hai outra forma de esixir a salvagarda dos dereitos dos cidadans. Diría máis: e un camiño que rexenera a democracia a través da participación cidadá, ninguneada pola clase política plutócrata que só se adica a pedir o voto cada 4 anos.
Dita clase política plutócrata  deteuperou a democracia sendo incapaces de cumprir o programa electoral que presentan.
Podemos pedir un referéndum? Si pero isto non e algo habitual no estado español. Polo tanto esta e a mellor opción de defender dereitos e de organizarse ofrecendo solucións colectivas.
Toda esta crise procede do baleiro que a política lle deixou a economía. Vivimos nun periodo de exceso de producción industrial onde sobra producción de bens.
Como gañar cartos rápido e fácil? Sinxelo, especulando con materias e servizos básicos, sendo nisto cómplices os poderes públicos.
A maneira revertir a situación vén da man dos movementos sociais,  a participación directa do cidadá con propostas populares que deberían ser tidas en conta.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off