off
Traballo — 14 Novembro, 2012 at 12:10 a.m.

14 N – FOLGA XERAL

by

Rajoy defronta a segunda folga xeral en oito meses, desta vez coincidindo por primeira vez cunha xornada de loita europea. Hai razóns para a greve perante a incapacidade de fornecer argumentos de equidade nas políticas anti-crise.

Rajoy defronta a segunda folga xeral en oito meses, desta vez coincidindo por primeira vez cunha xornada de loita europea.

Avanzamos xa que a xornada terá máis éxito na rúa que no posto de traballo; será masiva nas rúas e prazas e irregular o impacto alí onde se gaña o xornal.

Mais cómpre reflexionar. Galiza ollarase no espello. Así é  o noso país: cabreo e  indiferenza, xenreira e irritación,  indignación, libertè, egalitè e fraternitè e moito medo. O medo vén de que se acadou certo benestar individual e pouco proxecto colectivo. Daí a vulnerabilidade fronte aos discursos apocalípticos. Quen teme, trabúcase de responsable, confúndese de adversario; quen acredita nos burócratas e gurús dos grandes desastres  tende ao reaxir apoucado fronte  ao discurso da austeridade.  Despóis, gaña quen gaña.

Hai cidadanía?

O resultado é desastroso: erosión do modelo social europeo,  desafiuzamentos, recortes sociais, degradación institucional, mimetismo ideolóxico e estratéxico, moito medo e pouca política.

Plano e Mobilizacións do 14N

Vigo: ás 11:30 horas, desde a Praza de España, até a Praza de América.
Pontevedra: ás 12:30 h, desde a Praza da Ferrería, até a Subdelegación do Goberno.
Vilagarcía: ás 12:00 horas, desde a Casa do Mar até a Praza Ravella
Ourense: ás 12:00 horas, desde o Pavillón dos Remedios até a Subdelegación do Goberno.
Compostela: ás 12:00 h, desde a Praza Roxa até a Praza de Praterías.
Lugo: ás 12:00 horas, desde a Casa Sindical, na Ronda da Muralla, até a Praza de Santa María.
A Coruña: ás 12:00 horas, desde a Praza da Palloza até a Praza de María Pita.
Ferrol: ás 12:00 horas, desde a Praza do Inferniño até a Praza de Armas.
Burela: ás 12:00 horas, desde a Estación de Servizo Vista Alegre, até a Praza do Concello
Ribeira: ás 12:00 horas, desde a Estación de Autobuses até a Praza do Concello.
Monforte: ás 19:30 horas, desde a Praza de España até a Praza da Estación

 

Fontes:  CIG  http://folgaxeral.galizacig.com/

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off