off
Economía, Traballo — 12 Novembro, 2012 at 1:49 p.m.

A caixas e a banca comprométense agora a parar os desafiuzamentos durante dous anos

by

A patronal das caixas de aforros súmase á banca, que tamén suspenderá os desafiuzamentos en casos de “extrema necesidade”, segundo adianta a Cadena Ser. Ainda está por ver o alcance da reforma ou se só sé una adiamento ou moratoria da execución.

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistraba o dia 2 unha proposición non de lei na Cámara na que plantexa a reforma urxente da Lei Hipotecaria, pedindo un Fondo Económico Especial para atender os casos máis dramáticos. Segundo a deputada Davila, os desfiuzamentos de familias aumentaron un 15% entre xaneiro e xuño, a xustiza autorizou 37.092 inmóbeis e se iniciaron 48.213 procesos de execución. Desde o ano 2007, houbo 395.000 desfiuzamentos. O PP e mailo Psoe danse por aludidos após 400.000 desafiuzamentos, a presión dos xuices e o suicido Amaia Egaña, e  miran agora de modificar a lei. O CGPJ ve “complicado” que as medidas que agora se acorden poidan ter alcance retroactivo.  A clave está en se estas medidas (moratoria segundo a gravidade do caso), alén de parar ou esvair a má imaxe que provocraon os últimos suicidios, achegan algún tipo de solución para as execucións que xa están en marcha, porque non tería sentido que non houber nengún tipo de retroactividade e se entran  outras medidas como a dación en pagamento ou unha mudanza importante unha lexislación que permitiu abusos bancarios que levaron á miseria a moitas familias. Irresponsabilidade a canadas: dos que se hipotecaron por riba das súas posibilidades e dos que ofreceron empréstitos de risco sabendo que eran impagábeis.

Á desesperada

Quen vai conceder hipotecas saltándose o departamento de riscos, con taxacións irreais e cláusulas abusivas, agora deberían asumiren as súas responsabilidades.

O círculo vicioso que percorre o resgate das caixas e as súas consecuencias, resgatar aos seus debedores.

O resgate de Bankia foi un exemplo de  interpretación do conceito de extema necesidade, pagado por cidadáns sen necesidades, quer dicer, por servos da gleba.

Cómpre revisitarmos os conceitos de insubmisión e de obxeción de conciencia, ambos e dous, moi acaídos para os tempos que corren.

7 Comments

  1. Antom Labranha

    Non sei que dicirche:
    i) Que teñas uns aforros e no banco che propoñan investilos en prefentes porque serán máis rendibles
    ii) Ou que non os teñas e te hipoteques porque che parece ben ter un piso de teu e te convenzan de que se non podes “pois véndolo e arranxas aínda gañándolle algo”

    non me parecen situacións propias de “loghróns”, senón formas concretas do “estado do benestar” no que nos crimos vivir para sempre.

    • Os niveis de responsabilidade non son os mesmos,certo. Ben, isto é complexo, porque en democracia temos os gobernos que nos merecemos. E cales son as expectativas que levaron ás persoas a vérense como propietarios de vivendas con nóminas menos cá mileuristas? Eis a resposta: convencéronme.
      O corte ético produciuse cando os representantes que o pobo se outorgou resgataron a banca e as caixas. E por qué non a min, dirán? As formas concretas do estado do benestar “a la española” xa as apuntaba Goytisolo en Campos de Nijar- si, en pleno franquismo: un taxista improvisado animaba ao xoven escritor a mercar as vivendas que malvendian os emigrados…él mesmo fixérase con todo un pobo. Acho que hai un equívoco de fondo:o estado do benestar non é ter unha vivenda en propiedade mais servizos sociais desenvolvidos que lle permitan á xente emanciparse e poderen aspirar a un benestar onde o cualitativo pese máis cá o cuantitativo. Ao cabo, apenas demos con servidume consentida.

      • Esta é xa unha reflexión doutro calado.
        Se tes que pagar toda a vida un aluguer que te quiema, quizais chegues á conclusión de que estás enriquecendo a outro que, talvez, non o mereza.
        Diferente sería de termos garantida unha vivenda digna -como consagra a Constitucón- polos poderes públicos. Isto sería un deses “servizos sociais” desenvolvidos. Daquela si, que toda esta carallada non se tería dado, e esta crise non tería existido.

  2. Antom, ti mesmo dás a resposta: o tí métete significa que hai un “suxeito” adulto que se fai cargo.En Alemaña, por poñer un caso onde non hai a dación en pago (cousa que si existe no EUA), a xente tende ao alugueiro malia ter un sistema hipotecario similar. O “métete” tende a xustificarmos a minoría de idade e o paternalismo até o infinito, agás cando o “pico” sae ben, entón xa non se fala de sorte, mais de causalidade: foi cousa miña, eu o habelencioso, o listillo, fíxenme de ouro. Coas accións preferentes, agás casos de timo maior, pasou algo semellante ainda que a menor escala. Hai un devalo ético que nos mergullou no andazo da especulación e do atallo. Estudia neno, traballa.. dician os vellos (para imaxinar un futuro prometedor a quen investia nos tempos mozos o gaño futuro):iso mudou, até o punto que os modelos intelectuais (e de éxito), por poñermos un caso dos oitenta-noventa, eran os Mario Conde e compañía.

    A publicidade tamén existe para outros productos…incluidos os productos políticos. Quid pro quo. E haberá xente que ainda non se decatou diso?Visto o resultado das eleccións galegas, semella que non.

  3. Non creo que haxa unicamente que 1-modificar a lei e 2-atender os casos máis dramáticos, que tamén hai que facelo.
    Penso que ter os pisos baleiros e as familias na rúa é dunha brutalidade e inmoralidade inasumibles. O seu, o noso, sería acordar en cada caso unha moratoria ou un aluguer social mantendo a opción de compra (pero sen xerar novos intereses, senón o conto volve ao mesmo punto).
    A respecto da suposta “Irresponsabilidade dos que se hipotecaron por riba das súas posibilidades”, non creo que sexa xusto dicilo así, porque había un sistema montado que funcionaba da seguinte maneira: Ti métete, que se non podes, vendes e aínda lle sacas un “pico” .
    Un sistema baseado nunha publicidade intensiva e que chegaba ata facer que a xente normal se sentise parva de non tirar beneficio de algo tan usual como legal.
    Un sistema avalado polos gobernos: o de Aznar primeiro e o de Zapatero despois.
    Por outra banda, as caixas de aforros intervidas son xa, maioritariamente, de capital público: de toda a cidadanía, por tanto revisar as decisións que levan tomado des que empezou a crise é unha cuestión de actitude, non de que o PP e o PSOE saquen unha lei que lles salve a cara.
    A dita lei -se é decente, cousa que haberá que ver, vindo de quen vén: ambos partidos teñen votado en contra da dación en pago, por exemplo- é necesaria para as entidades privadas, pero ás que xa son propiedade do pobo hai que poñelas a andar dunha puta vez. Vale xa de pedir “perdón” con tal cinismo.

Deixa unha resposta a AntomCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off