A patronal das caixas de aforros súmase á banca, que tamén suspenderá os desafiuzamentos en casos de “extrema necesidade”, segundo adianta a Cadena Ser. Ainda está por ver o alcance da reforma ou se só sé una adiamento ou moratoria da execución.
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistraba o dia 2 unha proposición non de lei na Cámara na que plantexa a reforma urxente da Lei Hipotecaria, pedindo un Fondo Económico Especial para atender os casos máis dramáticos. Segundo a deputada Davila, os desfiuzamentos de familias aumentaron un 15% entre xaneiro e xuño, a xustiza autorizou 37.092 inmóbeis e se iniciaron 48.213 procesos de execución. Desde o ano 2007, houbo 395.000 desfiuzamentos. O PP e mailo Psoe danse por aludidos após 400.000 desafiuzamentos, a presión dos xuices e o suicido Amaia Egaña, e miran agora de modificar a lei. O CGPJ ve “complicado” que as medidas que agora se acorden poidan ter alcance retroactivo. A clave está en se estas medidas (moratoria segundo a gravidade do caso), alén de parar ou esvair a má imaxe que provocraon os últimos suicidios, achegan algún tipo de solución para as execucións que xa están en marcha, porque non tería sentido que non houber nengún tipo de retroactividade e se entran outras medidas como a dación en pagamento ou unha mudanza importante unha lexislación que permitiu abusos bancarios que levaron á miseria a moitas familias. Irresponsabilidade a canadas: dos que se hipotecaron por riba das súas posibilidades e dos que ofreceron empréstitos de risco sabendo que eran impagábeis.
Á desesperada
Quen vai conceder hipotecas saltándose o departamento de riscos, con taxacións irreais e cláusulas abusivas, agora deberían asumiren as súas responsabilidades.
O círculo vicioso que percorre o resgate das caixas e as súas consecuencias, resgatar aos seus debedores.
O resgate de Bankia foi un exemplo de interpretación do conceito de extema necesidade, pagado por cidadáns sen necesidades, quer dicer, por servos da gleba.
Cómpre revisitarmos os conceitos de insubmisión e de obxeción de conciencia, ambos e dous, moi acaídos para os tempos que corren.
http://ollaparo.com/2012/11/a-caixas-e-a-banca-comprometense-a-parar-os-desafiuzamentos-durante-dous-anos/
http://m.youtube.com/#/watch?feature=youtu.be&v=ovmdAgzVrrk&desktop_uri=%2Fwatch%3Fv%3DovmdAgzVrrk%26feature%3Dyoutu.be&gl=BR
Non sei que dicirche:
i) Que teñas uns aforros e no banco che propoñan investilos en prefentes porque serán máis rendibles
ii) Ou que non os teñas e te hipoteques porque che parece ben ter un piso de teu e te convenzan de que se non podes “pois véndolo e arranxas aínda gañándolle algo”
non me parecen situacións propias de “loghróns”, senón formas concretas do “estado do benestar” no que nos crimos vivir para sempre.
Os niveis de responsabilidade non son os mesmos,certo. Ben, isto é complexo, porque en democracia temos os gobernos que nos merecemos. E cales son as expectativas que levaron ás persoas a vérense como propietarios de vivendas con nóminas menos cá mileuristas? Eis a resposta: convencéronme.
O corte ético produciuse cando os representantes que o pobo se outorgou resgataron a banca e as caixas. E por qué non a min, dirán? As formas concretas do estado do benestar “a la española” xa as apuntaba Goytisolo en Campos de Nijar- si, en pleno franquismo: un taxista improvisado animaba ao xoven escritor a mercar as vivendas que malvendian os emigrados…él mesmo fixérase con todo un pobo. Acho que hai un equívoco de fondo:o estado do benestar non é ter unha vivenda en propiedade mais servizos sociais desenvolvidos que lle permitan á xente emanciparse e poderen aspirar a un benestar onde o cualitativo pese máis cá o cuantitativo. Ao cabo, apenas demos con servidume consentida.
Esta é xa unha reflexión doutro calado.
Se tes que pagar toda a vida un aluguer que te quiema, quizais chegues á conclusión de que estás enriquecendo a outro que, talvez, non o mereza.
Diferente sería de termos garantida unha vivenda digna -como consagra a Constitucón- polos poderes públicos. Isto sería un deses “servizos sociais” desenvolvidos. Daquela si, que toda esta carallada non se tería dado, e esta crise non tería existido.
Antom, ti mesmo dás a resposta: o tí métete significa que hai un “suxeito” adulto que se fai cargo.En Alemaña, por poñer un caso onde non hai a dación en pago (cousa que si existe no EUA), a xente tende ao alugueiro malia ter un sistema hipotecario similar. O “métete” tende a xustificarmos a minoría de idade e o paternalismo até o infinito, agás cando o “pico” sae ben, entón xa non se fala de sorte, mais de causalidade: foi cousa miña, eu o habelencioso, o listillo, fíxenme de ouro. Coas accións preferentes, agás casos de timo maior, pasou algo semellante ainda que a menor escala. Hai un devalo ético que nos mergullou no andazo da especulación e do atallo. Estudia neno, traballa.. dician os vellos (para imaxinar un futuro prometedor a quen investia nos tempos mozos o gaño futuro):iso mudou, até o punto que os modelos intelectuais (e de éxito), por poñermos un caso dos oitenta-noventa, eran os Mario Conde e compañía.
A publicidade tamén existe para outros productos…incluidos os productos políticos. Quid pro quo. E haberá xente que ainda non se decatou diso?Visto o resultado das eleccións galegas, semella que non.
Non creo que haxa unicamente que 1-modificar a lei e 2-atender os casos máis dramáticos, que tamén hai que facelo.
Penso que ter os pisos baleiros e as familias na rúa é dunha brutalidade e inmoralidade inasumibles. O seu, o noso, sería acordar en cada caso unha moratoria ou un aluguer social mantendo a opción de compra (pero sen xerar novos intereses, senón o conto volve ao mesmo punto).
A respecto da suposta “Irresponsabilidade dos que se hipotecaron por riba das súas posibilidades”, non creo que sexa xusto dicilo así, porque había un sistema montado que funcionaba da seguinte maneira: Ti métete, que se non podes, vendes e aínda lle sacas un “pico” .
Un sistema baseado nunha publicidade intensiva e que chegaba ata facer que a xente normal se sentise parva de non tirar beneficio de algo tan usual como legal.
Un sistema avalado polos gobernos: o de Aznar primeiro e o de Zapatero despois.
Por outra banda, as caixas de aforros intervidas son xa, maioritariamente, de capital público: de toda a cidadanía, por tanto revisar as decisións que levan tomado des que empezou a crise é unha cuestión de actitude, non de que o PP e o PSOE saquen unha lei que lles salve a cara.
A dita lei -se é decente, cousa que haberá que ver, vindo de quen vén: ambos partidos teñen votado en contra da dación en pago, por exemplo- é necesaria para as entidades privadas, pero ás que xa son propiedade do pobo hai que poñelas a andar dunha puta vez. Vale xa de pedir “perdón” con tal cinismo.