off
Cedeira, Traballo — 11 Novembro, 2012 at 18:08

Comunicado do BNG de Cedeira perante al folga xeral (14-N)

por

A destrución de emprego avanzou de xeito imparábel desde o inicio da actual crise económica.As políticas emprendidas agravaron ainda máis a situación de miles de persoas no noso país, ao tempo que protexen aos verdadeiros culpábeis da actual desfeita económica e social.

100.000 persoas máis ficaron sen emprego en Galiza neste período de crise económica, superando xa as 267.000, un 20 por 100 da poboación activa. As decisións políticas que se están a adoptar están a ter unha influencia decisiva no empeoramento das condicións de vida das maiorías sociais. Cada nova ‘reforma” supón un recorte en servizos públicos e un retroceso en conquistas sociais.

A democracia tamén está a ser abatida co pretexto da crise. Cada vez é máis evidente que se goberna en institucións e organismos afastados, que non están sometidos ao referendo popular’. Ouen decide realmente non ten que dar contas, e os gobernos que son escollidos en procesos electorais, simplemente se dedican a cumpriren os mandatos, sen atreverse a retrucar ningunha das imposicións dos grandes poderes financeiros que perseguen. 0s Gobernos do PP en Madrid e Galiza cuidan non só de que a crise nun afecte a clitos poderes, senón tamén para que a paguen as maiorías sociais, asumindo restricións, pagando indiscriminadamente máis impostos para sanear os balances da banca privada.

O FMI, o BCE, a UE, deseñan a política económica. Rajoy e Feijoo limítanse a executar, aplicando receitas fracasadas, ineficaces, que sitúan xa a unha ampla maioría de persoas a carón do abismo, sen traballo nin rede social de cobertura.

Canto máis se distancian os centros de decisión, máis inxustas son as políticas adoptadas, máis se agudiza a crise económica.

Saír da crise económica para moitas galegas e galegos significa poder ter un traballo. E poder xerar emprego para eses miles de persoas que aspiran a telo só poderá vir da man de reactivar os sectores produtivos básicos da nosa economía, para o que precisamos ter maior capacidade de decisión en Galiza para darlles apoio e orientalos polo camiño dun desenvolvemento sustentábel.

Galiza ten ferramentas para superar a crise: recursos, coñecemento e vontade de moitas persoas para saír adiante con éxito. Mais ten que ter capacidade para exercelas, ten que poder exercer a súa soberanía económica para xerar emprego e benestar para as maiorías sociais de Galiza.

O vindeiro 1 de novembro temos unha oportunidade de reivindicar unha saída xusta á crise. A prol das galegas e galegos e non dos mercados financeiros.

A mellora das condicións de vida das maiorías sociais.

Cristina Prieto Lago é Responsable local do Bloque Nacionalista Galego de  Cedeira.
Consello local do Bng de Cedeira.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: