off
O Curruncho musical de Antón — 8 Novembro, 2012 at 12:25 p.m.

O muiño da Acea

by

Cando eu era novo
ía estudar
ó muíño da Acea
con outro rapaz.

Recordo a represa
e como de vagar
baixaban as augas
 ata a beiramar.

Daquela había troitas
no río Condomiñas
e meu tío Alberte
 moitas recollía.

Pero o de máis acción.
pescándoas todas,
coa  man ou saltón,
sen dúbida era
Lito o campión.

En aquel encoro
 tódolos cativos
 tíñamos de balde
baños respectivos.

As autoridades,
que din competentes,
a acea esqueceron
e están compracentes.

Hoxe, que mágoa,
xa  non  queda encoro,
 e, cabo do rodicio,
 ás veces eu choro.

*Acea: a) Muiño ó rente dun río. b) Topónimo (Lugar da Xunqueira de Cedeira).

Cedeira, 7 de novembro 2011.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off