off
Política — 27 Outubro, 2012 at 5:41 p.m.

Guillerme Vázquez deixará de ser portavoz nacional do Bloque

by

Guillerme Vázquez,  deixará de liderar o BNG tras a “reflexión” da derrota electoral. O BNG “un barco que precisa reparación”, pero segue a ser o mellor dos barcos para lograr a “soberanía” e a “xustiza social” e unha “nova persoa” debe situarse na ponte de mando.

“En primeiro lugar -afirmou-, porque toca asumir responsabilidades, e eu como sempre asúmoas en conciencia; e en segundo lugar, porque creo firmemente que unha vez finalizado o proceso de debate que hoxe iniciamos, unha nova persoa debe encabezar o novo proxecto que o BNG ha de ofertar á sociedade galega”.

“Non son tempos de abandonar”

“Non son tempos de abandono e eu non abandonarei, porque a diferenza de cando as cousas van ben e todo o mundo se apunta, cando as cousas van mal o máis cómodo e tentador é abandonar e fuxir dos problemas”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off