off
Normalización lingüística — 25 Outubro, 2012 at 8:10 p.m.

O Consello de Europa pon en evidencia a política lingüística de Núñez Feijoó

by

A redución progresiva do ensino en galego en todos os niveis e da súa estrutura de apoio alicerza o último informe do Consello de Europa: a políticia lingüística da Xunta de Núñez Feijoó é un fracaso que leva o idioma propia á desaparición.

Calquera país que é interpelado a protexer os dereitos lingüísticos dos cidadáns que falan o idioma propio debería sentir  vergoña, sobretodo se o informe amosa as eivas que sofre o galego na educación.

Por outra banda, se  o mesmo informe celebra que o catalán  e o éuscaro se benefician dun “excelente apoio” por parte das autoridades locais, cumprindo asín a maioría dos compromisos da Carta “de maneira exemplar”, no caso do galego é para sentirmos indignación colectiva de non sermos quen de nos autoestimar o máis mínimo. O Informe do Consello alerta que non hai radios nin televisións privadas que emitan en galego, tras destacar o peche de xornais impresos no idioma propio. Feijoó con maioría absoluta. Á espreita.

10.6 European Charter for Regional or Minority Languages –Third report of the Committee of Experts in respect of Spain.


 Carta Europea das linguas rexionais ou minoritarias

 

2 Comments

  1. Outro grolo de viño!

  2. Era sabido. Ten ben merecido o tiron de orellas o Feixon este. O galego e a lingua propia de Galiza. E un nexo de union entre os galegos e unha excelente ferramenta para comunicarse. Ademais quen fala o galego denota un maior nivel cultural por ser quen de usar duas linguas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off