off
Cedeira, Meio ambiente — 25 Outubro, 2012 at 8:10 p.m.

Merendeiros

by

EnsesteiroO Concello de Cedeira vén de tirar dunha axuda da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) por valor de 44.000 euros –o  85% da obra–  para cofinanciar, coa Xunta, o costo total dunha intervención que ascende a 52.000€ .  O obxectivo é arranxar unha pista preexistente a carón do adro  de San Fiz de  Esteiro e facer dela unha área recreativa.  Será unha esplanada esportiva  con vistas a unha zona húmida de importante valor ambiental e ningunha protección: unha parte da enseada de Esteiro, a que se pode ver dende o adro de San Fiz.

A pista preexistente vai ser abandonada polo propio Concello  e pouco ou nada se utiliza por mor do desleixo e a falta de uso: envellecemento, despoboación e falta de mantenimento. Agora, tamén, servirá de aparcadoiro, función que viu desenvolvendo os derradeiros vinte anos.

Proxéctase unha zona  de lecer ao estilo das que se veñen facendo sen máis ambición que facer carreiros  delimitados cunha cancela para acceder a un merendeiro. Será completado cun  miradoiro amoblado  e un cartace informativo sobre o valor paisaxístico e ambiental da enseada de Esteiro.

Que hai en todo isto que nos axite o espírito? Que non  se perciba en todas estas actuacións máis alcance e transversalidade, máis ambición e máis visión a medio e longo prazo.

Que hai en todo isto que nos axite o espírito? Que non  se perciba en todas estas actuacións máis alcance e transversalidade, máis ambición e máis visión a medio e longo prazo. Só se encetan procesos de documentación sui generis, daquela maneira,  cando a desfeita está consumada, ou creando equipamentos ex nuovo cando hai outras intervencións máis urxentes, que se fosen tratadas con visión estratéxica terían reportado máis valor ao conxunto paisaxístico, patrimonial e de lecer das terras de Cedeira. Non sería máis urxente e acaído ir facendo investimentos en tecnoloxía que facilitara, dun xeito estratéxico, a banda larga no rural e a boa cobertura do sinal de televisión, ambos e dous factores clave para que poidan abrollar proxectos empresariais e asentamentos de familias no rural?

O que sabemos é que outras instalacións deste tipo padecen desleixo administrativo e cidadán ( velaí os merendeiros-miradoiros de Santo Antón do Corveiro ou do Castelo da Concepción) en tanto seguimos sen ver unha só intervención programática  dirixida a recuperar paisaxe  (no sentido integral da palabra) e  patrimonio inventariado (Ramil, E.Culturas prehistóricas na vila e terra de Cedeira). Por exemplo, a adquisición a longo prazo de espazos  de alto interese cultural e paisaxístico como o asentamento e contorna do Castro das Croas, tamén con vistas á enseada de Esteiro, ou  a recuperación e consolidación dos bosques de ribeira e  as bocarribeiras da ria.

Foto:Xosé Cheda

Polo visto, os fondos económicos do Agader- que seica son para desenvolvemento rural-  permiten facer calquera actuación. Ningún valor engadido,  pura “economía improductiva” que os desempregados  poderán utilizar para ir descansar os luns ao sol.

O que sabemos é que outras instalacións deste tipo padecen desleixo administrativo e cidadán ( velaí os merendeiros-miradoiros de Santo Antón do Corveiro ou do Castelo da Concepción) en tanto seguimos sen ver unha só intervención programática  dirixida a recuperar (no sentido integral da palabra) paisaxe e  patrimonio

E senón, reparen na frontalidade da intervención, como se a paisaxe só tivera unha perspectiva. A aba  de San Fiz, onde o cura tiña o pombal, contra  o lugar de Vilela (que por iso os veciños coñecen aquel monte polo “palomar”) é hoxe unha replantación de eucaliptos propiedade da igrexa católica, como eucaliptal é toda a contorna que vai de Campelo até a Robaleira.

Vimos de saber que a reserva pesqueira de Cedeira está rematada ao retirarlle o goberno de Feijoó (u-las medidas de compensación posPrestige?) vixilancia e seguimento científico (Adeus á reserva mariña de Cedeira) Noutras palabras, que non hai nen  xestión biolóxica, nen social, nen territorial da contorna medioambiental.    A máis, os campións da construción horizontal na costa, veñen de  disvirtuar o Plano do Litoral ao facer del un  documento “proteccionista” coas desfeitas realizadas durante os últimos anos , porén, é claramente permisivo con actuacións que coliden co litoral, como poden ser certas industrias ou as instalacións acuícolas. Quen así intervén parte do descoñecemento absoluto de como foi ocupado o litoral galego secularmente, a carón do mar en moitas áreas, e noutras, sen  unha só construcción, apenas terra traballada e especies autóctonas que conformaban un todo de relación e continuidade entre home, o mar e a terra.

Trememos cada vez que se proxectan intervencións deste tipo, ailladas de calquera outra intervención integral e transversal: a paisaxe é un todo e non apenas unha pantalla na que mirar. Gorentarmos da paisaxe tamén é saber vivir, facernos todos e cada un de nós responsables  do que nela facemos. Xa que logo, calquera intervención relevante debería incluir a recuperación de especies autóctonas, respeto ás tipoloxías constructivas, protección das construccións adxectivas (horreos, eiras, fontes, pombais, pendellos,..),  control de volumetría,etc.  Gábanse do valor ambiental do Esteiro, e non ten vixilancia e protección ningunha. Ollamos ao redor e só vemos construccións sen ordenamento tipolóxico nen constructivo. Alí, ben pertiño, o Escolar dos emigrantes cubanos cae a cachos e a fonte de Saa non ten protección ningunha sofrendo permanente intentos de privatización.  Ofrecen vistas, e só hai eucaliptos.

Trememos cada vez que se proxectan intervencións deste tipo, ailladas de calquera outra intervención integral e transversal: a paisaxe é un todo e non apenas unha pantalla na que mirar. Inclue recuperación de especies autóctonas, respeto ás tipoloxías constructivas, protección das construccións adxectivas (horreos, eiras, pombais, pendellos,..),  control volumétrico,etc.

No entanto, disque hai  52.000 €  para facer merendeiros e aparcamentos. Poderoso plano productivo, non si?. Os vímbios con que argallan estas intervencións  “recreativas” son o curtopracismo, sen máis ambición que o mes de verán e  a perpetuación de quen as fai. Nunha zona deprimida como a nosa, non hai outro modelo de desenvolvemento que meter 52.000€  nun merendeiro? Que tipo de turismo pretenden atrair facendo merendeiros? A nosa oposición non só de tipo ambiental senón práctica. Teñen previsto algún  proxecto tanxibel de estimulación de economía productiva? Van defender a terra que nos deixaron os nosos pais facendo merendeiros?

3 Comments

  1. Melloramos! vaia se melloramos! antes as melloras no rural eran poñerche unha farola diante da casa, ahora son merendeiros. Este debe ser un plan de desenrolo a moi longo prazo.

  2. un gastamento de cartos no tempo en que vivimos

  3. Creo que isto e tirar os cartos. Realmente nas zonas rurais podense empregar os cartos en proxectos de economia sostible ou en proxectos que revirtan medioambientalmente.
    As propostas expostas no artigo son factibles e traerian unha mellora na contorna e polo tanto nas condicions medioambientais. A partires de aqui poderianse comenzar proxectos de economia sostible.Obviamente creo que os nosos governantes estan moi lonxe diso.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off