off
Comunidades Galegas, Poesía — 24 Outubro, 2012 at 7:14 a.m.

O Ateneu Roig de Barcelona acolleu a presentación do libro de Amauta Castro

by

 

O sábado 20 de outubro presentouse no Anteneu Roig de Barcelona o libro de Amauta Castro “Nos Muros do mundo”. A mesa contou coa presenza da crítica literaria Helena Gónzalez (Centre Dona i Literatura na Universidade de Barcelona), o filósofo Gabriel Beceiro,  a poeta  Claudia Calvo (membro do colectivo  poético “Pharos”, que presentou o acto), o pintor e actor Anxo Baranga, e  o poeta autor do libro, Amauta Castro.

 

foto(2)

O autor do libro debullou o relato das propias orixes, a curiosidade do miúdo que quixo saber a sabían as palabras que soaban do ouro lado do teléfono cada vez ca nai falaba con Galiza. Palabras outras, no entanto amigas, que o interpelaban a ser e, andado o tempo,  a restituir o  interior e o presente vivido dende as formas da exterioridade. Despois veu a publicación seminal en Dorna  e os textos de bitácora  que contribuiron a xermolar “Nos muros do mundo”.  Os muros incontornábeis, os territorios explorados, a palabra como destino e como proceso de estruturación/destructuración das coordenadas  do campo de batalla.  Gabriel Beceiro, presentou, no dicir da propia Helena González, “o Amauta máis pessoano e complexo”, no que a palabra serve ao obxectivo de reterritorializar o mapa do mundo. Ambos e dous destacaron a poesia-blogue “Palabras de Amauta” como exemplo da situación da época, propicio para a aparición de xéneros cruzados, entrefrebrando son e imaxe,  o narrativo e o autobiográfico, cando o novo século o exixe, para romper os muros invisibles. Beceiro vai engadir que o primeiro que o vai seducir do Amauta vai ser a ambición per acadar un universo de referencias feitas a brochazos fulgurantes, derivando o acto poético  como un palimpsesto de camiños cruzados, como unha auto-creación que presenta unha cartografía e un mapa do mundo ao tempo íntimo e múltiple (o poeta é un grande viaxeiro), porque un dos grandes protagonistas de Nos muros do mundo é a cidade-mundo. Unha cidade-mundo sobre a cal se cingue a extrema ameaza da desmemoria e que a portical Cantiga de Eurídice tenta debullar guindándonos un desafío moral: non hai condea en ollar atrás, coma Orfeu após ter resgatado a Eurídice.

Dicirte quero verbo de distorsión palabra antiga quero dicirte

que de nós as mans gramen anceios nas paredes dos coutos

nos temóns da necedade”

Asín, se por unha parte comparacen todos os ingredientes formais da poesia posmoderna  (realismo alegórico, incerteza, distanciamento) por outra, o poeta non renega da posibilidade de defrontar  hogano a tolemia e a irracionalidade desde principios inequívocamente emancipadores.

A música de Millán González (guitarra) e Caroline Lacombe (zanfona)  puxéronlle o marco ao acto. No dicir de Helena González, un petisco de poesía, palabra e música ben gorentoso.

 

 

3 Comments

  1. Xosé Antonio Suárez Aneiros

    Noraboa.
    Saúdos.

  2. Parabéns artista!. Somos un recunchiño do mundo pero incluso até aquí chega o inluxo do anceio común das túas verbas

  3. Parabéns, Amauta!
    Teño gañas de ler o teu libro…
    Saúdos

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: