off
Traballo — 22 Outubro, 2012 at 4:27 p.m.

Os contratos de relevo

by

Quixera chamar a atención sobre un tipo de contrato que vendo as enormes cifras de paro poderia axudar: os contratos de relevo. Cando chegamos  aunha idade perto da de xubilacion, desexamos ter mais tempo para nós, ou ben necesitamos seguir activos pero tamen e hora de ir rematando a nosa vida laboral e adaptarnos a un novo periodo na nosa vida: a xubilación. Cos contratos de relevo temos un tempo de transición na que a persoa a punto de xubilarse pode reducir a sua xornada dando paso a outra persoa. Deste xeito dita persoa consigue ir aclimatando ao seu novo posto de traballo e o empresario consigue cubrir ese posto dunha maneira mais efectiva. Así pódese aproveitar a experiencia da persoa a punto de xubilarse, revertindo esta experiencia na persoa que vai o vai suplir. Por outra banda considero que os hoxe chamados contratos de aprendizaxe descriminan a determinadas capas da poboacion, conseguindose con iste tipo de contrato maior equidade.

One Comment

  1. Gelo do Moure

    Moi ben explicado Manuel, interesantes este tipo de contratos. Saúdos rapaz

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: