off
Meio ambiente — 21 Outubro, 2012 at 9:06 a.m.

Sempre máis

by

O luns día 15, paseando pola Praia da Magdalena, leveime unha sorpresa ó atopar as famosas “galletas de chapapote”, véuseme á cabeza que na Coruña comezaba o xuízo ese mesmo día despois de 10 anos do afundimento do Prestige.

Pareceume que a cantidade que alí había era preocupante e decidín ir á Confraría de Pescadores, por se acaso noutros puntos da praia puidera haber máis ( aquela zona é de marisqueo de berberechos).

Mentras ía á Confraría, fun pensando de onde puidera vir o chapapote: Que fora do Prestige, estivese no fondo da Ría, e que o mar de fondo o soltase, como fixo coa xebra, e que fose para a praia,l ou que fose dun “sentinazo” de algún barco que pasase por frente da ría etc,etc.

No local da Confraría atopábanse dous empregados, comenteille a un deles o que pasaba, este avisou á Secretaría, que me preguntou polo que eu vira, e dixo que irían a mirar, preguntei se tiña que cubrir algún papel e firmalo e díxome que non, pero que sí quería eu, podía ir a facer a denuncia á Garda Civil para que avisaran ó Seprona ( pareceume que quen tiña que avisar a esa Institución debería ser a Confraría), calei a boca e díxenlles que xa ía no momento.

Así o fixen, atendeume un Garda Civil que me tomou declaración de palabra, comenteille que xa fora á Confraría e que foran eles quenes me dixeran de ir á Garda Civil, cando lle preguntei se tiña que cubrir algunha denuncia e firmala, pideume o DNI, apuntou os meus datos e deume as grazas.

Fun á casa a coller a cámara de fotos e voltei á praia, alí non atopei a ninguén, a marea xa estaba bastante chea pero aínda me deu tempo de facer algunhas fotos, a pesar de que a auga xa tapaba o chapapote.

Ó  día seguinte,. martes 16, voltei á praia a comprobar se desaparecera e alí estaba o chapapote, saquei máis fotos e enchín unha bolsa que teño gardada, por se alguén dí que todo isto non foi certo e que nunca na Praia da Magdalena houbo chapapote.

Non sei se a Confraría se preocupou do tema ou non lle deu importancia á cantidade de chapapote que alí había.

Pero aparte da zona de marisqueo que é a praia, tamén temos dentro da Ría  a Reserva Mariña( non vaia ser que en vez de peixes, se esteñan a criar montruos).

É responsabilidade das Institucións preocuparse do Medio Ambiente, como tamén é que os veciños denunciemos estes feitos, por iso dende o Olláparo imos poñer en coñecemento da opinión pública o que pasou, aportando fotografías que confirman o suceso.

O venres 19 de Outubro, todavía segue o chapapote na Praia da Magdalena

One Comment

  1. Vistos os resultados electorais de Cedeira seguro que saen voluntarios de baixo de cada bolacha de chapapote.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off