off
Política — 16 Outubro, 2012 at 7:19 a.m.

Vota pro nobis

by

Cando chegan ó poder os que se adican á política, sexan de diferentes tendencias ideolóxicas, só hai entre eles, unha liña tan difusa que parecen os mesmos.

Por esta mesma razón, non vou pedir dende eiquí, o voto para ninguén, a estas alturas e coa que está caendo, todo Deus debía de saber por quen ten que votar, e se non o saben, ou é que son parvos, ou militan nun partido político ( que ven a ser o mesmo).

Por suposto  que o meu voto xa  teño decidido a quen llo vou a dar, pero non o vou dicir, non vaia ser que me acusen de facer campaña dende o Olláparo para algún partido político en concreto. Pero sí que vou a dicir a quen non se lle debe dar, e estes son o PP e o PSOE.

Ó PP por todo o que representa e está a facer nesta lexislatura, non sacou unha lei no Parlamento Galego que beneficie ó Pobo( todo o contrario), o seu lema é a mentira e a  inxusticia, só lles interesan os cartos, e ese é o seu “Deus”.

Ó PSOE, pola súa política neoliberal que fixo durante os oito anos que estivo no Goberno de España, grazas a eles temos gobernando en Madríd e na Xunta á extrema dereita española, coa “política responsable” que fixo en contra dos traballadores (perderon catro millóns de votos, nas últimas eleccións ó Parlamento Español, a ver  se se decatan dunha “puta vez” de que lado teñen que estar).

O PSOE só é un pouco de esquerdas cando está na oposición, por iso digo ao comenzo, que cando están no poder, só hai unha liña tan difusa que parecen os mesmos, refírome a eles, PP e PSOE.

Xamais fixeron  ren polos sectores productivos galegos ( agro, mar e industria) e así nos vai, só se lembran de nós cando chegan as eleccións, por iso hai que castigalos non lles dando o voto.

Que veñen as eleccións

 

 

Hai eleccións para todo
ata para elixir ó Papa,
nunhas vótanse políticos
noutras votas á máis guapa.

Todas teñen importancia
unhas máis e outras menos,
pero vannos afectar
depende do que votemos.

Por iso paisanos meus
o Domingo hai que dar caña,
non lle regalando o voto
a quen traiciona e engana.

Témo-lo mellor exemplo
en quen está no poder,
pois o “goberno” da Xunta
á Galiza fai morrer.

Vainos meter na miseria
con o paro ben se vé,
non protexendo as industrias
que aínda quedan en pé,
temos problemas no agro,
e do mar que vos direi,
o ensino non funciona
e a sanidade, amén,
e así sucesivamente
ata contar máis de cen.

Dín do galego en España
que debe ser masoquista,
por querer ser gobernado
por un “Pequeno Franquista”,
que debe ter a Galiza
por unha inmensa “empanada”,
e cando  non  vai ó extranxeiro
tena para ir de carallada.

Por iso dou este aviso
para non mete-la pata,
pois oito anos son moitos
se quen goberna é un facha.

E para rematar remato
e que valga de pintada:
Darlle o voto a esta dereita
é como o que vota un peido
e por él mesmo se caga.

10 Comments

  1. Pois tamén intento facelas, esas actividades, máis nestes momentos non é doado. Máis a partires do dia 22 retorno ao Rock da Terra.
    Unha achega dun poeta militante que adoro, Roque Dalton. Un comunista que foi executado polos seus camaradas.

    Sáude e terra nosos.

    PARA LA PAZ
    Será cuando la luna se despida del agua con su corriente oculta de luz inenarrable.
    Nos robaremos todos los fusiles, apresuradamente.
    No hay que matar al centinela, el pobre sólo es función de un sueño colectivo un uniforme repleto de suspiros recordando el arado.
    Dejémosle que beba ensimismado su luna y su granito.
    Bastará con la sombra lanzándonos sus párpados para llegar al punto.
    Nos robaremos todos los fusiles, irremisiblemente.
    Habrá que transportarlos con cuidado, pero sin detenerse
    y abandonarlos entre detonaciones
    en las piedras del patio.
    Fuera de ahí, ya sólo el viento.
    Tendremos todos los fusiles
    alborozadamente.
    No importará la escarcha momentánea
    dándose de pedradas con el sudor de nuestro sobresalto, ni la dudosa relación de nuestro aliento

    Antología poética de Roque Dalton

  2. Gelo do Moure

    Grazas Anton,sempre fuches un bo Camarada, naquela loita antifranquista da nosa xuventude, xamais nos fixo falla presumir de militancia, ben sabían quenes éramos. Unha aperta.

  3. Eu, que tamén andiven na loita clandestina á prol dos dereitos sociais, culturais e democráticos deste pobo galego, nomeadamente neste currunchiño cedeiriño que vai da Herbeira á Chirlateira, son testemuña do moito que o Gelo achegou.

    Por outra banda, nada teño que reprobar a quen se afilie ao partido ou agrupación política que desexe. Apenas quería resaltar que estar afiliado non é un requisito para estar comprometido.

    A respecto de Fernando: tampouco teño dúbidas do seu sincero compromiso, se ben pasear os cans pola Capelada (que eu non os paseo) ou tocar a guitarra (que eu non a toco) non é imcompatible con actitudes críticas e reivindicativas, e mesmo poden ser actividades fermosas e liberadoras. Unha aperta, meu.

  4. Da túa tía "política"

    Hai verdades como puños que doen no corazón.
    pero, meu querido Gelo, tes toda a razón.

    Gústame.
    Un bico.

  5. Gelo do Moure

    ! Ai Vilacacín, Vilacacín…¡, non me fagas perde-lo tempo en terche que contestar, son as 3 da tarde e remato de chegar á casa despois de vir de apañar o chapapote, que chegou á Praia da Magdalena ¿Sabías?. Que che parece a miña militancia dun martes pola mañá apañando chapapote con chubasco incluído?.
    O primeiro que ten que facer unha persoa que se considere como tal, é non se avergoñar de quen é, e dar a cara e non esconderse nun pseudónimo.
    Se che gusta presumir de militancia política, aínda és más parvo do que dixen, a non ser que sexas un “novo arribista” de última fornada, e queiras pillar méritos diante dos teus xefes.
    A miña militancia político-sindical , comezou no ano 72, na empresa Bazán de Ferrol: PCE,PCG,e CCOO, logo pasei ó BNG e á CIGA, ata que non me quedou máis remedio que darme de baixa de todo,pola “pila” de túzaros que hai militando.
    Non fai falla ter un carnet dun partido político,para defender ó Pobo Galego, o seu Idioma e a súa Cultura, agora a algunhes failles falla que vos digan por onde tedes que ir e facer ( por iso digo o de que sodes parvos).
    ¿Sabes quen montou a primeira Asociación de Veciños?, ¿o primeiro sindicato?,¿a primeira agrupación política?,¿ A primeira Bandeira Galega?,¿ e os primeiros libros en galego que se venderon en Cedeira?,etc,etc. !Este que che resposta¡. Non o digo por presumir ,se non para que o saibas.

    Así que Vilacacín, vai rañar o carallo coa túa “Militancia Política”, dá a cara como facemos a xente de esquerdas, e deixa de facer o parvo dentro da trincheira.
    ¿Por certo non serás do PP ou do PSOE?

    Militante que militas
    e non eres militar,
    debes estar moi contento
    á hora de ir a votar.

    Con o peito tan hinchado
    pareces un xeneral,
    militante que militas
    e non eres militar.

  6. Maís decidín despois de case duas décadas de andar de apolítico, que é moito máis levadeiro e sempre se pode regresar e saeme máis barato e divertido, que debía colaborar, construir, arroupar e dar de man para que Feijóo saíra do goberno, para colaborar a facer país a pesar das pedradas, a dereita e esquera que aparecen sempre a partir do proactivismo militante máis aínda no nacionalismo político.
    Son militante dende que chegou Feijóo á Xunta, foi o odio ao galego de Feijóo o que me fixo volver ao bloque.

    Pero asegúrovos que un sempre vive máis tranquilo paseando pola Capelada cós cans ou tocando a guitarra que aturando merda de cotío á dereita e esquerda.

    Eu tamén creo que o que precisa este país é cidadanía activa e autocrítica. Non Crítica que a desactiva

    A verade que o tempo fai de todos nós un retrato.
    Saúde

  7. Eu tamén gosto da copla.

  8. Como comentario, achego uns versiños nese mesmo camiño:

    Sr. Presidente

    Optimista e sosegado
    realista e esperanzador,
    bo discurso, si señor!

    – Aplaudamos, pois.

    É cedo, non lle parece?
    Aplaudamos cando se vaia

    …se é que o merece.

  9. Gosto a embute das coplas. Fan rir poñendo as cousas ben clariñas. A retranca semmpre foi de lei neste país, e quen non a entenda “que se afilie”.

    Respecto da reflexión inicial, xa me expresei neste Olláparo no mesmo sentido: non se trata de cambiar os “uns” polos “outros”, senón de que políticas e políticos aprendan dunha vez que quen non cumpre non será chamado de novo.
    Amén, meu.

  10. Acho un bocadiño desbocada a sorna do autor ao equiparar parvicie coa afiliación política, non vaia ser que con tanto listo por fóra, as élites burocráticas se queden ben soliñas…Ao mellor o que hai que facer é afiliarse máis, para mellor esbardallar, desde a trincheira.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off