off
Cedeira, Eleccións 21-OUT, Política local — 14 Outubro, 2012 at 2:46 p.m.

Hai que facerlles frente

by

Estamos a convivir todos os días con situacións ás que realmente podemos calificar de auténtico desastre. Explícome, quen non escoita á xente nos centros de saúde queixarse do mal que funciona a seguridade social?, do que levan esperando pola cita nun especialista?, por una chamada para una operación.?.; nunha farmacia a pensionistas queixarse porque lles están a cobrar os medicamentos coa pouca pensión que cobran?; nos centros educativos a país que protestan porque non saben de onde van a quitar os cartos para pagar os libros e o material escolar para os seus fillos?; nas colas das oficinas de emprego, cada vez máis e máis cheas de xente, auténticos dramas de persoas que están en paro e que non ven ninguna saída nin para elas nin para as súas familias?….

Quen non escoita á xente nos centros de saúde queixarse do mal que funciona a seguridade social?do que levan esperando pola cita nun especialista?, por una chamada para una operación.?

Así poderíamos seguir con incontables exemplos e en todos os casos a resposta é a mesma, todo o que estamos a vivir é a consecuencia dun determinado tipo de política. Son os gobernos os que toman as decisións que nos afectan a todas e todos, ás nosas vidas. Sexamos consecuentes, cando obxectivamente temos tantos e tantos reproches e queixas que facerlles aos que nos gobernan (maioría absoluta do PP no goberno de Madrid, no da Xunta e incluso neste noso Concello de Cedeira), temos a obriga de cambiar as cousas e agora é o momento de facelo.

Sexamos consecuentes, cando obxectivamente temos tantos e tantos reproches e queixas que facerlles aos que nos gobernan (maioría absoluta do PP no goberno de Madrid, no da Xunta e incluso neste noso Concello de Cedeira), temos a obriga de cambiar as cousas e agora é o momento de facelo.

O goberno que estamos a sufrir tanto no Estado como na Xunta, representa á dereita máis ultraliberal, conservadora e cun perfil moi ideoloxizado que ao que nos está levando é a crear una sociedade na que a riqueza e a boa calidade de vida se concentre nunha minoría privilexiada, mentras desaparece e se empobrece a pasos xigantescos a clase media e se crean novas clases marxinais. O gobernó do PP está supeditado ao capital, a política que desenvolve é a que este lle dita, todas e todos estamos pagándolles os seus desvaríos aos causantes desta crise, banca e capital financieiro. No noso País, o goberno de Feijoo está ao que se lle di dende Madrid e a mentirnos continuamente, onde se creou emprego?, onde se mellorou o sistema educativo, a sanidade, os servizos socias?

A educación e a sanidade públicas son os pilares básicos que debe garantir e manter calquera gobernó e si isto non é así o pobo ten a obriga de actuar, de defenderse, de botar fóra a quen tanto mal nos está a facer. Por iso lle temos que facer frente ao PP e ás súas políticas de demolición de todo o público e o 21 de outubro temos a oportunidade de facelo así que aproveitémola.

María Xosé Rodríguez Pérez, é portavoz municipal do BNG no Concello de Cedeira

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off