off
Ecoloxía, Meio ambiente — 13 Outubro, 2012 at 7:59 a.m.

O Equus ferus atlanticus en perigo

by
Equus Ferus Atlanticus-Serra do Suido

A Sociedade Galega de Historia Natural  reclámalle por enésima vez á Xunta a  derogación  do Decreto 142/2012, de 14-06-2012 (DOG nº 129, de 06-07-2012), polo que se establecen as normas de identificación e ordenación zoosanitaria dos animais equinos en Galicia.  Segundo a SGHN  as exigencias da Xunta son “incompatibles ca supervivencia desta especie agás nun museo”,abocando ao Equus ferus atlanticus á súa “extinción”.

Por outras palabas, a singularidade da especie e as súas implicacións  ambientais, sociais, culturais, históricas, turísticas e patrimoniais xustifican a conservación e a protección dos cabalos fronte as prácticas incompatibles co benestar animal, precisa un ordenamento específico direccionado a protexer a que está considerada a maior poboación mundial de cabalos salvaxes: o garrano ou ponei galego. A SGHN pon de relevo a gravidade dun Decreto que mostra desleixo e ambigüidade e acelera a eliminación dos garranos tal e como se pode deducir do artigo que contén a súa definción de animal mostrenco ( 3.2.h): “Équido mostrenco: animal equino que deambula en liberdade nos espazos agrícolas ou forestais, núcleos de poboación ou vías de comunicación terrestre, sen identificación constatada pola autoridadecompetente”, apreciación que se ratifica no punto 28:

“Destino dos animais mostrencos: Os équidos capturados, non identificados e non reclamados, consideraranse mostrencos a todos os efectos; podera vendelos, entregar gratuitamente ou sacrificalos”.

É dicir, banalízase a súa significación extraordinaria (peso ambiental, natural e patrimonial)  para así abrir as portas ao desleixo e conduciría á súa desaparición.Mostrenco pasaría a ser calquera besta ou garrano que careza de propietario ou  todos os garranos silvestres e salvaxes fora do control de besteiros e  explotacións, etc.

Escrito da SGHN pedindo a derogación do Decreto 129

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off