Esta homenaxe ben dada polas agresións sufridas por Suso a semana pasada, por parte da Policía Nacional (Española), así como pola súa traxectoria de defensor a ultranza dos dereitos dos traballadores.
Que sería , tal e como está a acontecer hoxe cos recortes e coa reforma laboral, no noso País ( Galiza ) e no resto de España, se non fora por loitadores coma Pintos ?.
Eu, que coñecín a primeiros dos anos setenta a aqueles grandes sindicalistas na empresa Bazán ( hoxe Navantia), poido dicir sen lugar a dúbida, que Suso Pintos non desentonaría no medio deles.
Por iso mesmo vou tamén a comparalo con este personaxe de ficción ( tamén sindicalista) chamado “Proa ao Vento”, que é o protagonista deste relato-poesía titulado “Aló polo trinta e seis”. Vai por ti!
Aló polo trinta e seis
Recórdome cando neno oirlle a un vello contar, sentado nunha chalana e cunha códia na man, unha historia moi antiga que parece foi verdade.
Fala de tempos pasados aló polo trinta e seis cando ser boa persoa era estar fora da lei.
O conto dicia así: Era unha noite tan fría que nin ladraban os cans, cando pola rúa andaban tres caciques do lugar, tiñan cartos como area, e barcos para ir pescar, eran os donos do pobo: “o alcalde, o secretetario e un militar”.
Habíanse prometido que tiñan que escarmentar, a un home do seu pobo por querelos denunciar.
Este era un mariñeiro honrado “a carta cabal” defensor da súa xente non podía ver o mal.
No porto fora elexido “delegado sindical” dende aquela os mariñeiros gañaban ben o xornal.
Chamábanlle ” Proa ao vento”, forte coma un furacán, xa levaba seis naufraxios moi lonxe do litoral. Por todos era querido respetado a máis non dar, era un home coñecido, dende Baiona a Ortegal.
Por culpa dun accidente, que abundan tanto no mar, quedaron sete viúvas e vinte fillos sen pai.
Xa era pouca a desgracia que tiñan que soportar, aínda por riba os caciques queríannos estafar, quedándose cunha parte do que tiña que cobrar.
Chamaron a “Proa ao vento” para os orfos defender protexe-los seus intereses para que puidesen comer.
Deu un mitin no peirao ameazando aos ladróns, falando á xente do mar con respeto e devoción.
|
Compañeiros: Hai un traballo na terra que nunca será pagado, onde morren moitos homes, sendo o máis sacrificado, é este o do mariñeiro.
Tamén dixo: Non hai mellores vampiros que os bos caciques, son os que máis chuchan e se para os vampiros allos, para os caciques mallos.
Non debemos consentir que rouben á nosa xente, cómpre facer dúas cousas agora que estamos en quente, a primeira denuncialos e a segunda mallalos.
Avisado-los caciques por algúns dos seus esbirros, deciden tomar venganza e encherlle o corpo de tiros.
Naquel noite tan fría que nin ladraban os cans atopan a “Proa ao vento” cando este vai pescar, “o alcalde,o secretario e un militar”.
Péchanlle os tres o camiño para non deixalo pasar, e pregúntanlle un por un para ver de o acolloar.
-¿A onde vas mariñeiro tan cedo pola mañá? -¡Cale a boca secretario alguén ten que traballar! -¿A onde vas “Proa ao vento”? pregúntalle o militar -Vou a fartarme de arrotas para que tí poidas folgar – A onde vas mariñeiro con tan grande temporal -Sr.Alcalde: Vou a verlle a cara á morte para que outros poidan xantar!
Para iso non é preciso que teñas que ir ao mar pois nós xa sómo-la morte e eiquí te imos matar.
Sacan os tres as pistolas e disparan sen cesar, pero dos nervos que tiñan non consiguen acertar.
De un salto “Proa ao Vento” tira aos caciques no chan e co remo que levaba, malla neles a fartar.
Acudiron os veciños espertados polos tiros, a axudan a “Proa ao Vento” a darlles o merecido.
|
Proa ao vento Gelo
Moi boa Gelo