off
Cedeira, Mar e Pesca — 10 Outubro, 2012 at 2:43 p.m.

Manual de boas prácticas?

by
Nunha viaxe en parella na procura dunha posta de sol en Fisterra,  recordo unha gran placa nunha parada de autobús, indicaba entre outros datos que aquela “marquesina” fora inaugurada polo daquela presidente da Xunta de Galicia,  Manuel Fraga, non é que non fora aquelada, pero non deixaba de ser unha parada de autobús como tantas que poden atopar no país. O Fraga nos seus bos tempos fora alumno  avantaxado dun gran inaugurador de pantanos e botou gran parte da súa vida cunha tesoira na man feito que fixo tradición no Partido Popular aínda que a utilidade non sempre foi a mesma.
Beatriz Mato a Conselleira de Traballo e Benestar do goberno de Feijóo achegouse á nosa moi humilde vila de Cedeira, a súa visita ten a ver, nada mais e nada menos, que co feito de recomendarmos un manual de “ boas prácticas saudábeis no marisqueo a pé”. !.
Máis o certo que é moi probábel que esta visita en tempo electoral que nos ven presentar un libriño de recomendacións (que ben podía ter enviado por correo electrónico) vaia levar máis rendemento electoral que por exemplo cando o bloque cedeirense fora de tempos de promesas xestionou e consigue un camión con guindastre e alador para alivio dos mariñeiros da confraría nas descargas e cambios de aparellos. Pero Mato ou Leopoldo, profesionais da política, nunca foron á praia nin ao porto cheirar as faenas e descargas, non coñecen en sí, fisicamente o que é a tracción animal e o alivio que supón a tracción mecánica no traballo diario.

Máis o certo que é moi probábel que esta visita en tempo electoral que nos ven presentar un libriño de recomendacións (que ben podía ter enviado por correo electrónico) vaia levar máis rendemento electoral que por exemplo cando o bloque cedeirense fora de tempos de promesas xestionou e consigue un camión con guindastre e alador para alivio dos mariñeiros da confraría nas descargas e cambios de aparellos

A conselleira de Traballo e Benestar non aproveitou a ocasión para tirar das orellas ao Partido Popular de Cedeira por rexeitar dunha Oficina de Orientación Laboral con orientador/a laboral financiada pola Xunta como teñen tantos concellos. Sería cando menos unha axuda para os parados da nosa vila que até teñen que ir selar dixitalmente a outros lugares por mal funcionamento ocasional do aparello do Concello. Sería case como recoñecer que temos un serio problema.
Ter que aturar estas representacións cando despois de tres anos de goberno de Feijóo, si realmente existe unha liñaa de traballo foi a do servizo dos populares aos conglomerados da pesca e dos intereses da acuicultura industrial aos que lles interesa colocarnos o seu produto nos nosos mercados. 250 embarcacións pesqueiras déronse de baixa no período 2009-2012 pola política de desprazamentos promovida por Feijóo  que procura a substitución da pesca de baixura e marisqueo por esta acuicultura industrial.

O Parlamento Europeo aprobou o 14 de setembro deste ano a eliminación da obrigatoriedade de que nas etiquetaxes dos produtos pesqueiros e marisqueiros se informe das súa orixe aos consumidores. A iniciativa, que foi incorporada en forma de emenda partiu da eurodeputada Carmen Fraga, do PP de Galiza, medida combatida en Bruxelas pola Eurodeputada Ana Miranda do BNG integrada no grupo ALE, a gravidade deste asunto non é que o sector pesqueiro teña que aturar unha medida prexudicial imposta dende Buxelas, senón que a idea parte do Partido Popular.

Ana Miranda a eurodeputada nacionalista si é moi coñecida pola comisaria de Pesca da UE María Damanaki, quen soe chamala  “miss small scale fisheries” (señora pesca costeira artesanal) porque Ana Miranda non anda enguedellando con manuais de prevención e saúde cando o traballo esmorece na costa, senón con alternativas e proxectos serios que nos permitan seguir vivindo da pesca sustentábel e dignamente no SXXI.
Perder a saúde na beira da onda, ou a vida na rocha ou no mar sempre veu da man do non poder chegar a fin de mes.
Manual de boas prácticas?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off