off
Cedeira — 9 Outubro, 2012 at 1:01 p.m.

Carta do BNG de Cedeira en apoio a Pintos

by

Dende o BNG de Cedeira queremos solidarizarnos co noso compañeiro Xesús Anxo López Pintos exemplo de defensa do pobo traballador na comarca de Ferrol, Eume e Ortegal e pioneiro nos comezos do BNG de Cedeira, brutalmente agredido na actuación policial do pasado xoves 4 de Outubro en Ferrol, actuación policial que está na liña máis propia dun estado predemocrático ca dunha democracia do século XXI ao que últimamente o goberno do PP nos ten acostumados, en realidade non só últimamente, cabe recordar que os veciños da vila de Cedeira xa sufrimos as actuacións policiais ordenadas polo PP contra o pobo durante o conflito do percebe.

Non é casualidade que nesta zona deprimida do Ortegal pretendan intimidar ao nacionalismo sindical e político xa que é este o que está a levar a iniciativa fronte a grave situación a que nos está abocando o goberno do PP, así como non é casual que en calquera parte do estado donde se artelle calquera forma de protesta ou alternativa a este goberno a resposta sexa a intimidación e a agresión, (véxase o 25-S en Madrid).

Dende o BNG de Cedeira estamos comprometidos coa defensa da democracia e rexeitamos calquera tipo de resposta violenta ou represiva que se aplique contra as persoas que libremente exerzan o seu dereito de expresión.

Cristina Prieto Lago é Responsable local BNG Cedeira.

 

Descarga o documento en pdf

2 Comments

  1. Olláparo Edición

    Si, vai haber que cambialo por outro fenónemo metereolóxico, ou fisiolóxico.

  2. Non creedes que aquelo de “mexan por nos e temos que decir que chove” xa está demais?.

Deixa unha resposta a josé luisCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off