off
Cedeira — 9 Outubro, 2012 at 13:01

Carta do BNG de Cedeira en apoio a Pintos

por

Dende o BNG de Cedeira queremos solidarizarnos co noso compañeiro Xesús Anxo López Pintos exemplo de defensa do pobo traballador na comarca de Ferrol, Eume e Ortegal e pioneiro nos comezos do BNG de Cedeira, brutalmente agredido na actuación policial do pasado xoves 4 de Outubro en Ferrol, actuación policial que está na liña máis propia dun estado predemocrático ca dunha democracia do século XXI ao que últimamente o goberno do PP nos ten acostumados, en realidade non só últimamente, cabe recordar que os veciños da vila de Cedeira xa sufrimos as actuacións policiais ordenadas polo PP contra o pobo durante o conflito do percebe.

Non é casualidade que nesta zona deprimida do Ortegal pretendan intimidar ao nacionalismo sindical e político xa que é este o que está a levar a iniciativa fronte a grave situación a que nos está abocando o goberno do PP, así como non é casual que en calquera parte do estado donde se artelle calquera forma de protesta ou alternativa a este goberno a resposta sexa a intimidación e a agresión, (véxase o 25-S en Madrid).

Dende o BNG de Cedeira estamos comprometidos coa defensa da democracia e rexeitamos calquera tipo de resposta violenta ou represiva que se aplique contra as persoas que libremente exerzan o seu dereito de expresión.

Cristina Prieto Lago é Responsable local BNG Cedeira.

 

Descarga o documento en pdf

2 Comentarios

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: