off
Eleccións 21-OUT — 5 Outubro, 2012 at 6:28 a.m.

A campaña electoral amence con manifestacións na rúa

by
Folga Estudantil 11 de outubro

Os operarios de Navantia queimaron  simbólicamenteos Orzamentos Xerais do Estado para 2013, nos que non hai consignación para a  o dique flotante nen a sexta fragata.

A Confederación Intersindical Galega  (CIG) mobiliza centos de persoas nas rúas galegas sob o lema: “Paremos o PP! Non ao saqueo do pobo. Existen alternativas. Rescatemos os nosos dereitos”.

O dia 8, segunda feira, serán CCOO e UGT os que convoquen a cidadanía para “denunciar os recortes sociais” baixo o lema: “Hai que impedilo!Mobilízate!”

No entanto,   o Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Fruga veñen de convocar unha mobilización en Compostela na que pedirán unha solución “inmediata” ao sector lácteo ante a “gravidade” da situación económica (o leite galego ten o prezo máis baixo da UE, 27-28 céntimos o litro, á vez que os custos de produción mantéñense arredor dos 36).

O dia 11 a Liga Estudantil, Comités e Agir,convocaron mobilización a xornada do  Día Internacional de Loita Estudantil para  “protestar contra as reformas e recortes levados a cabo nos últimos meses na educación” e “reivindicar a soberanía dos pobos”.

Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos –formada por máis de vinte organizacións sindicais do sector público-,  anunciaron convocatoria de manifestación nas sete cidades o para vindeiro día 15 ás 19 horas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off