off
Economía — 3 Outubro, 2012 at 8:25 a.m.

O desemprego sigue a medrar en setembro en Ferrolterra e Ortegal

by
Hai datos que nen La Voz nen a Consellería de Traballo son quen de maquillar. Hai seis meses, o paro subía por sétimo mes consecutivo no territorio das bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal.  Após o período estival,   a conta do desemprego segue a medrar en setembro nas comarcas nordestinas. Segundo os datos publicados este mediodía pola Consellería de Traballo, a zona sumou 442 novos demandantes, que sitúa o número total de desempregados en 19.473 . A porcentaxe do aumento foi do 2,32%

Ferrolterra e Ortegal elevaron a cifra de demandantes: 419 no caso dos concellos da comarca ferrolá e 46 na de Ortegal. Segundo estes datos, Ferrolterra presenta 16.388 parados e os Concellos da zona de Ortigueira, 934.
As mulleres representan o 52,86% do volume total de persoas desempregadas nas tres bisbarras. No conxunto dos municipios de Ferrol supoñen o 53,86%, por enriba da media, mentres que no Eume son o 48% e en Ortegal, o 47%.

Dixera Feijoó, non se pode ir contra a realidade, que desta volta teima en amosar, con estatísticas do propio goberno, o fracaso das políticas que nos están a impoñer. Aínda asín, teiman na medicina.

Á espreita.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off