off
Cultura — 2 Outubro, 2012 at 7:52 a.m.

Cales son os bens patrimoniais catalogados de Cedeira?

by

Patrimoniogalego.net  fíxose esta mesma pregunta abranxendo o Patrimonio Cultural Galego, e no ano que levan apañando referencias xa pasan dos 2000 bens catalogados. A plataforma dixital funciona coma un  observatorio alicerzado nas achegas da cidadanía e a sociedade civil co obxectivo de ir creaando un  Catálogo Social do Patrimonio coordinado por Manuel Gago.

Hai tempo que Olláparo ven guindando esta mesma pregunta á sociedade cedeiresa, coa arela de sensibilizar á administración local e á sociedade civil sobre a necesidade de coñecermos o estado de conservación dos bens culturais . Acontece que esa mesma falta de visibilización a través da catalogación acaída que a  administración autonómica non fai pública carecemos da posibilidade de coñecer o que somos para non perdelo con malas prácticas e desleixo.

O Concello de Cedeira anunciou a comezos de mes que arranxaría unha exposición permanente no Palacete con bens materias apañados ao longo dos anos na contorna de Cedeira. Descoñécese o inventario, se existe unha listaxe de bens culturais  que  se perderon e aqueles que están en perigo inminente.

A consolidación do  observatorio patriminogalego.net  como referente europeo  neste tipo de iniciativas, é  unha óptima oportunidade para colaborarmos informando dos bens culturais da vila e terra de Cedeira, xa que até o de agora os único bens catalogados polo observatorio é a Igrexa de Santo André de Teixido, os amilladoiros, e a ponte altomedieval de Porto do Cabo.

Tamén en Olláparo:

Interrelacion Santo Andrés-Santiago-Santo Andrés (1ª)
Interrelacion Santo Andrés-Santiago-Santo Andrés (2ª)
O Palacete acollerá unha colección de patrimonio
Que mal nos queres, Leopoldo
Mitoloxía accidental. A propósito dos amilladoiros
Cedeira Mon Amour
Descobrindo as pedras
Ao final da escaleira. Desfeita urbanística
Cerdeiras

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off