off
Meio ambiente — 1 Outubro, 2012 at 12:06 p.m.

O peixe pode encoller até un cuarto polo aumento de temperatura nos océanos

by

The Guardian vén de revelar que un estudo da Universidade  British Columbia , Canadá,  publicado en Nature Climate Change,  pronostica  unha redución do 14-24% no tamaño do peixe ata 2050, se as  temperaturas do océano seguen a medrar. A redución até  un cuarto do tamaño virá acompañada por unha diminución das poboacións de peixes en xeral.

Ao parecer o impacto do aumento da temperatura do océano sobre o crecemento e distribución de máis de 600 especies de peixes en todo o mundo terá  maior efecto nas rexións tropicais. A investigación sobre os efectos da temperatura, unha das máis amplas até o momento,  hai que engadir que os impactos  suplementares de cambio climático, como a acidificación do océano e  a redución de nutrientes en augas superficiais  poden axudar a  diminuír aínda máis as poboacións de peixes, impedíndolles acadar o tamaño real. O aumento da temperatura está a acelerar ese proceso de encollemento.

Seica xa se están a perceber os efectos. Un estudo de 2011  vai amosar que a  redución no tamaño dos peixes no Mar do Norte está intimamente relacionada co aumento da temperatura.  A máis, o aumento do dióxido de carbono na atmosfera  acidifica o océano, o que fai máis dificil a formación de esqueleto calcario de cocólitos e foraminíferos que fan a base da cadea da alimentación).

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off